martes, 14 de outubro de 2008

TRAMWAY 10" (1992) (Vinilo)


A súa inexistencia no All Music canda unha frescura e unha vitalidade que pode co paso do tempo xustifica a inauguración desta seción cos Tramway dos irmáns Nancy e Matthew Evans. Este "Brand of Lovin' ", a primeira referencia do selo Siesta, o é todo un tratado de continuidade silvestre desa independencia que nos 80 agromou coa C-86 do NME (Felt, Primal Scream, Tallulah Gosh, Razorcuts, Jasmine Minks, Pastels...) e que demostra que como tódalas décadas, os 90 deron bandas das que sentirse satisfeitos. Despois doabraiante Ep "West Country Hospitality" chegou esta alfaia. con nove temas na versión vinilo e 13 na de cedé, das que non podemos deixar de salientar ese "Gianni Bugno Wheels", "Lookin' To Be Movin", "That Old, Old Feeling", ou esa broma que no cedé figura como pista instrumental a 10, e na realidade é unha adaptación da peza de Mary Poppins "Life's a Country Holiday With Mary". Dos irmáns Evans nada sabemos nin nos molestamos en indagar. De Jez Butler, teclados e frauta, digamos que é o instigador de Tomorrow's World, Mild Euphoria ou Sunshine Day entre outros. En fin, gocen dunha obra mestra, este "Brand of Lovin' " que segue fresco como una leituga fresca.

Ningún comentario: