sábado, 10 de outubro de 2009

LOS PÁJARO´S La Flor De La Vida (LP, Funny, 1990)



Hai xa un tempo Carlos fixo referencia a esta banda gaditana así que aquí van un par de discos dos cativos. Non hai case información na rede e o meu intento de contactar co seu líder Fran Serrano foi infructuosa. Según di Serrano na páxina do seu proxecto actual Grupo Lennon, chegaron a publicar cinco discos aínda que eu só coñezo dous. Creo que "La Flor de la Vida", un habitual dos caixóns de saldo, é o seu segundo e está cheo de boas cancións de herdanza beatle: "Tú Que Me Das", "Camino del Sol", "El valle del color", "En carretera" "Magoo" ou "Mi estúpida ambición". Para meu gusto un gran disco.

2 comentarios:

wolfram dixo...

Su primer disco fue considerado como uno de los mejores lp's de pop de la decada por la revista Ruta 66; éste también anda cerca.A mí me encantan.Un grupo gaditano, infravalorado, repleto de melodías beat y pop en la onda La Granja,Secretos...El sello es FUNNY, no FUNKY.

18 RODAS dixo...

Grazas Wolfram, correxido,