Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta JOE KING CARRASCO. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta JOE KING CARRASCO. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

venres, 12 de febreiro de 2010

JOE KING CARRASCO & THE CROWNS Mil Gracias a Todos Nuestros Amigos (Stiff, 1980)

"Buena"

Hai artistas de rock que fan da súa traxectoria un himno permanente á alegría, á vitalidade e á diversión, xa sechamen Pogues, Jonathan Richman ou Ramones.Sempre son os máis necesarios. Dentro destes tamén os hai comprometidos e saltaríns e deles, o noso favorito é un texano de orixe holandesa, xa coñecido na súa segura inmortalidade como Joe “King” Carrasco, o auténtico rei do “nuevo wavo”.

Repasar a súa traxectoria é un acto de xustiza para quen fixo das nosas vidas un horto cheo de flores frescas. Fanático do son “tex-mex” co típico órgano Farfisa, e influído por grupos como Sir Douglas Quintet, Sam the Sham & the Pharaons ou ? & the Mysterians, Carrasco crea no 76 a banda El Molino, con quen edita no 78 “Tex-mex rock &roll”, simpático traballo cheo de música verbeneira texano-mexicana, con temas tan divertidos como “Just a mile away”. Non pasou nada co plástico, pero foi editado en Inglaterra, onde Elvis Costello dixo que era mellor que calquera cousa que fixera The Police, o cal era certo, pero iso non ten moito mérito. 

Influído pola revolución musical post Sex Pistols e a intensidade e emoción da New Wave, o cativo cambia o chip e fai a súa orixinal e inmensa aportación, mutando a súa estética (coroa e manto real inseparables) e incidindo nunha mestizaxe divertida que mira cara o sur do continente. Será, en spanglish, o rei do “Nuevo Wavo”. Trasládase a Nova York e monta un grupo de acompañamento, The Crowns (As Coroas). Edita no mítico selo británico Stiff o LP “Joe King Carrasco & the Crowns” con pezas inesquecibles como “Federales”, “Buena” ou “Caca de vaca” (sic). O disco, xa un clásico da música máis bailable e divertida, é un éxito. Carrasco actúa por todos os USA, América Central, Bolivia e Canadá dentro da xira montada polo selo Stiff. A enerxía do noso ídolo chama a atención de medios de comunicación e de aí á multinacional MCA, que o ficha. Con eles editará o fantástico “Synapse gap” (82), con lenes influencias reggae (o grupo xamaicano británico The Equators acompañouno na xira de Stiff Records) e pezas como “Don´t let a woman (make a fool of you)”, favorita de Sabino Méndez, e na que facía coros un tal Michael Jackson.

É a etapa de Joe máis próxima ao “mainstream”, ao achegamento popular, o que se ve en “Party Weekend” (83), con pezas electrizantes como a que titula o disco. O éxito elúdeo e a multinacional, tamén, comezando unha fase de maior compromiso idiomático co español (agora o seu grupo chámase Las Coronas) e, politicamente, con América Latina. De feito, vaise vivir e estudar a Nicaragua, regresando para editar o fantástico “Bordertown” (85), con pezas como “Cucaracha taco”, “Vamos a bailar” ou a irónica “Hola, Coca Cola”. Un tema deste disco, “Pachucco hop”, foi versioneado por Mano Negra, que sempre quixeron ser como Carrasco, aínda que nunca o lograron.

No 87 entran no grupo os grandes Marcilo Gauna e Bobby Balderrama (ex ? and the Mysterians) para profundizar no seu innegable compromiso político e na súa diversión co impagable “Bandido rock”, que inclúe pezas como “Juárez and Zapata”, “Arriba Sandino”, “Fuera Yanqui”, o que dá idea do material. Mentres, os seus concertos non deixan a ninguén indiferente e ata actúan en España, aparecendo no programa de TVE “La Tarde” presentado por un alucinado Pepe Navarro.

Moitas actuacións en directo e poucos disco desde entón: o directo “Royal loyal & live” (90), “Día de los muertos” (93) –cun tema de homenaxe ao inmenso Sam Pekimpah, “Bring me the head of Alfredo García”– e “Hot sun” (99) que profundizan no seu novo son que a súa maxestade denomina “tequila regage”. Parte da culpa de tan curta producción é que Carrasco ten encetado unha carreira de actor, facendo papeis de asasino en serie ou camello, e incluso dirixindo. Algúns recopilatorios poden ser de utilidade para o curioso lector, aínda que a obra do noso Luis XIV do tex-mex sempre sobardará un simple “greatest hits” e ningún hai á súa altura. ¿Mestizaxe? Escoiten a Joe King Carrasco e as cancioncillas de Manu Chao semellarán politonos para o seu móbil. ¡Ándele, ándele!


xoves, 25 de marzo de 2010

JOE KING CARRASCO & THE CROWNS Synapse Gap - Mundo Total (MCA, 1982)

"Don't Let a Woman (Make a Fool of You)"

Hai artistas de rock que fan da súa traxectoria un himno permanente á alegría, á vitalidade e á diversión, xa sechamen Pogues, Jonathan Richman ou Ramones.Sempre son os máis necesarios. Dentro destes tamén os hai comprometidos e saltaríns e deles, o noso favorito é un texano de orixe holandesa, xa coñecido na súa segura inmortalidade como Joe “King” Carrasco, o auténtico rei do “nuevo wavo”.

Repasar a súa traxectoria é un acto de xustiza para quen fixo das nosas vidas un horto cheo de flores frescas. Fanático do son “tex-mex” co típico órgano Farfisa, e influído por grupos como Sir Douglas Quintet, Sam the Sham & the Pharaons ou ? & the Mysterians, Carrasco crea no 76 a banda El Molino, con quen edita no 78 “Tex-mex rock & roll”, simpático traballo cheo de música verbeneira texano-mexicana, con temas tan divertidos como “Just a mile away”. Non pasou nada co plástico, pero foi editado en Inglaterra, onde Elvis Costello dixo que era mellor que calquera cousa que fixera The Police, o cal era certo, pero iso non ten moito mérito.

Influído pola revolución musical post Sex Pistols e a intensidade e emoción da New Wave, o cativo cambia o chip e fai a súa orixinal e inmensa aportación, mutando a súa estética (coroa e manto real inseparables) e incidindo nunha mestizaxe divertida que mira cara o sur do continente. Será, en spanglish, o rei do “Nuevo Wavo”. Trasládase a Nova York e monta un grupo de acompañamento, The Crowns (As Coroas). Edita no mítico selo británico Stiff o LP “Joe King Carrasco & the Crowns” con pezas inesquecibles como “Federales”, “Buena” ou “Caca de vaca” (sic). O disco, xa un clásico da música máis bailable e divertida, é un éxito. Carrasco actúa por todos os USA, América Central, Bolivia e Canadá dentro da xira montada polo selo Stiff. A enerxía do noso ídolo chama a atención de medios de comunicación e de aí á multinacional MCA, que o ficha. Con eles editará o fantástico “Synapse gap” (82), con lenes influencias reggae (o grupo xamaicano británico The Equators acompañouno na xira de Stiff Records) e pezas como “Don´t let a woman (make a fool of you)”, favorita de Sabino Méndez, e na que facía coros un tal Michael Jackson

É a etapa de Joe máis próxima ao “mainstream”, ao achegamento popular, o que se ve en “Party Weekend” (83), con pezas electrizantes como a que titula o disco. O éxito elúdeo e a multinacional, tamén, comezando unha fase de maior compromiso idiomático co español (agora o seu grupo chámase Las Coronas) e, politicamente, con América Latina. De feito, vaise vivir e estudar a Nicaragua, regresando para editar o fantástico “Bordertown” (85), con pezas como “Cucaracha taco”, “Vamos a bailar” ou a irónica “Hola, Coca Cola”. Un tema deste disco, “Pachucco hop”, foi versioneado por Mano Negra, que sempre quixeron ser como Carrasco, aínda que nunca o lograron.

No 87 entran no grupo os grandes Marcilo Gauna e Bobby Balderrama (ex ? and the Mysterians) para profundizar no seu innegable compromiso político e na súa diversión co impagable “Bandido rock”, que inclúe pezas como “Juárez and Zapata”, “Arriba Sandino”, “Fuera Yanqui”, o que dá idea do material. Mentres, os seus concertos non deixan a ninguén indiferente e ata actúan en España, aparecendo no programa de TVE “La Tarde” presentado por un alucinado Pepe Navarro.

Moitas actuacións en directo e poucos disco desde entón: o directo “Royal loyal & live” (90), “Día de los muertos” (93) –cun tema de homenaxe ao inmenso Sam Pekimpah, “Bring me the head of Alfredo García”– e “Hot sun” (99) que profundizan no seu novo son que a súa maxestade denomina “tequila regage”. Parte da culpa de tan curta producción é que Carrasco ten encetado unha carreira de actor, facendo papeis de asasino en serie ou camello, e incluso dirixindo. Algúns recopilatorios poden ser de utilidade para o curioso lector, aínda que a obra do noso Luis XIV do tex-mex sempre sobardará un simple “greatest hits” e ningún hai á súa altura. ¿Mestizaxe? Escoiten a Joe King Carrasco e as cancioncillas de Manu Chao semellarán politonos para o seu móbil. ¡Ándele, ándele!



xoves, 11 de febreiro de 2010

JOE KING CARRASCO & EL MOLINO Jalapeño Con Big Red - Rock Esta Noche (Chiswick-Movieplay, 1979)

"Rock Esta Noche"

Mézclense ocho rockanroleros tejanos y sus amigos con un bote de pimienta jalapeña (esa que arde en la boca), unas cuantas botellas de soda Big Red y de vino Mad Dog, y agítese todo ello, con lo que se obtendrá "JALAPEÑO CON BIG RED", "ROCK ESTA NOCHE", "MEZCAL ROAD"  y siete sabrosos éxitos más de ROCK'N'ROLL TEJANO-MEJICANO, servidos por JOE "KING" CARRASCO & EL MOLINO.

El ROCK'N'ROLL TEJANO-MEJICANO es una afortunada combinación musical que mezcla la alegría del rock and roll del Oeste de Tejas con los seductores ritmos tejano-meijicanos, una fusión de sonidos nacida en San Antonio bajo la influencia simultánea de dos culturas.

Estas canciones son la culminación de un experimento que une todos los aspectos que conforman el rico acervo musical tejano. El ROCK'N'ROLL TEJANO-MEJICANO revela un sonido tejano que pocas veces puede escucharse fuera de las fronteras de ese estado norteamericano. Hasta este momento. Aquí está tu ocasión.


martes, 16 de febreiro de 2010

JOE KING CARRASCO & THE CROWNS Buena - Tuff Enuff (Stiff, 1980)

"Tuff Enuff"

"Tuff Enuff" non ía no elepé

Empezó en Tejas con el grupo Frustrations y continuó con  Shades of Time , Blue Mist" y Cisco actuando en bailes de Teen-agers y en los cuarteles de la National Guard. Forman parte de una larga lista de míticos grupos tejanos entre los que podemos destacar Question Mark & The Mysterians, Buddy Knox, Sam The Sham & The Pharaons, etc ...

Realmente un paso importante en su carrera fue la formación de El Molino, formado por super estrellas de la región (Rocky Morales al saxo, Charlie Mac Burney trompetista, etc ... ) consiguiendo  una sólida reputación, en el West Side de San Antonio. En 1978, publica "TEX-MEX ROCK ROLL" en su propio sello Lisa impresionando a mucha gente importante del mundillo. Volvió a Austin organizando a The Crowns.

A partir de 1979, atacan al rock de tres acordes típicos de los 50 y primeros 60. Unos lo califican de "ingenuos americanos viviendo la tradición en lugar de imitarla" pero había un toque fresco que lo hacía distinto y lo destacaba de lo de "antes". De aquí salen canciones como "WILD 14", "BETTY'S WORLD", "CACA DE VACA" o "BUENA".

A pasarlo bien, ¿quién dijo que el Rey había muerto? ¡Viva el Rey!