Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta pildora x. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta pildora x. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

mércores, 27 de outubro de 2010

PILDORA X Mil Años Luz (CD, Off The Record, 1997)

"Lucifer Sam"

Continuamos coa discografía de Píldora X, grupo da zona de Denia en Alicante, que chegaron a publicar, que eu coñeza, un Ep, dous sinxelos e un par de cds. "Mil años luz" foi o seu último traballo e quizáis o máis completo. Malia que a voz do cantante acaba por cansarme teñen os seus momentos, "Montaña Mágica", "Vision Quest" ou  "1,2, 3 Stop". As versións de The Action, Pink Floyd e especialmente "Operación Dragón" de Lalo Schifrin tampouco lles quedan mal.



venres, 6 de maio de 2011

PILDORA X Feel The Heat - Indian Rope Man (Roto, 1996)

"Indian Rope Man"

Este sinxelo foi o anticipo do primeiro cd publicado polos valencianos Píldora X para Roto Records. "Indian rope man" é unha adaptación do tema de Richie Havens via Julie Driscoll, Brian Auger & The Trinity, mentras que "Feel the heat" xa ía no seu Ep "Estación Espacial", aínda que aquí aparece nunha nova versión.



martes, 2 de febreiro de 2010

PILDORA X Estación Sideral (EP, Subterfuge, 1993)

 
 "Estación Sideral"
 

Ao igual que Ovidi Montllor, Píldora X viñan de Alicante chegaron a publicar, que eu saiba, un Ep, dous sinxelos e un par de cds. Debutaron con "Estación Sideral" para Subterfuge e a verdade o seu rock con influencias sicodélicas parecía un pouco fóra de sitio no selo madrileño que andaba naqueles anos máis interesado noutros estilos. Malia que a voz do cantante me cansa un pouco, en tódolos seus discos hai cancións que están ben. Neste en concreto a peza que dá título é a versión dos Doors de "Peace Frog" molan. Hoxe en día parte deles están tocando como Los Pájaros.

Entrevista para o fanzine Subterfuge
 



martes, 28 de outubro de 2025

18 Rodas - 27 Outubro 2025

 

 01 Rosas En Blanco Y Negro - A Mil Años Luz 1990
02 Los Brujos - 10000 Light Years From My Mind 1992 
03 Pildora X - Estación Espacial 1993
04 Los Negativos - Capitán Escarlata 2009
05 Fortune Tellers - Triste y Solo 2008
06 Los Bisontes - Lucypher Satten 1991
07 Eléctrico Azul - Azul 1992
08 Lágrimas De Mermelada - Silvia 1987
09 The Feelies - Original Love 1980
10 The dB's - Nothing Is Wrong 1993
11 Marbles - Fire And Smoke 1976
12 Television - Days 1978
13 The Necessaries - More Real 1982
14 The Mumps - Crocodile Tears 1977