Os Kingbees foron un trío liderado polo guitarrista Jamie James (canadiano de nacemento) que xunto ós americanos Michael Rummans ó baixo e Rex Roberts á batería deixaron un par de discos nos primeiros oitenta traballando dende Inglaterra. Tiveron un pouco de repercusión coa edición do primeiro "The Kingbees", que incluía "My Mistake", unha peza que se escoitou bastante, aínda que a miña favorita é a que abre o disco "Sweet Sweet Girl To Me". O disco móvese coas características musicais propias dun trío con influencias rocanroleiras aparecendo certas semellanzas co son dos Stray Cats. Tras un segundo disco que descoñezo, "The Big Rock" do ano 1981 o grupo desfíxose. No 1983 James editou un EP "The Big One" e non se sabe nada máis ata que a finais dos oitenta James e o actor Harry Dean Stanton montaron un espectáculo no que traballou ata o 2000, ano no formou o grupo "DQ and The Sharks" no que tamén estaba outro actor, Dennis Quaid. Na actualidade segue vivindo en Los Angeles donde actúa con regularidade.


