luns, 2 de marzo de 2009

GARY SHEARSTON Dingo (Charisma-Fonogram, 1975) @



Hace ya unos meses, charlando con Estrume, coincidimos en el hastío que nos producen los accesos místicos de algunos de nuestros músicos favoritos. Tanto es así que el musical pareciera un campo especialmente abonado para las supercherías teológicas- seguro que ahora tenéis en mente un sinfín de ejemplos. Cierto es que no siempre son desdeñables los resultados artísticos de tales iluminaciones; y éstos son, al fin y al cabo, lo que nos interesa aquí y ahora.

El ejemplo de Gary Shearston muestra lo que sería deseable en estos casos. Nacido en el 39 en Inverell, un bucólico paraje de Nueva Gales del Sur, en el seno de una familia tradicional, y criado en la granja de su abuelo en la localidad próxima de Tenterfield mientras su padre combate en la II guerra mundial, su infancia se sucede en una serie de nostálgicos fotogramas: toda la familia cantando alrededor del piano que mamá suele tocar los domingos al regresar de la iglesia en una vieja carreta tirada por dos majestuosos caballos no menos abnegados que el pequeño poni que aguarda atado en la herrería del pueblo mientras Gary asiste a la escuela… hasta que todo cambia cuando una impertinente sequía les lleva a abandonar el rancho que el padre de Gary había recibido como veterano de guerra; deciden trasladarse a Sidney.

Tras abandonar la escuela a los 16 años, donde “no parecía estar aprendiendo nada útil”, aborda las más diversas artes y oficios: titiritero itinerante, corresponsal de prensa en turno de noche, actor de teatro y director de escena…hasta desembarcar con 19 años en su faceta de cantautor profesional; atesora un vasto repertorio extraído del folk tanto de tradición australiana como irlandesa, inglesa y americana. Su profunda voz de crooner sin afectación se curte rodando por hoteluchos y clubs mientras el folk comienza a hacerse popular en Australia.
Artigo completo
English notes from the backcover

domingo, 1 de marzo de 2009

JOHNNY JOHNSON & HIS BANDWAGON Honey Bee (Single, Stateside-EMI, 1972)

Aquí vai outro single máis de Johnny Jonson & His Bandwagon, nesta ocasión con producción e composición dun dos titáns da música disco británica dos setenta, o gran Biddu, que aparte das súas cousas coa Biddu Orchestra tamén estivo detrás de éxitos para Carl "Kung Fu Fighting" Douglas ou a nosa apreciada Tina Charles. A cara A é un enchepistas con certo toque northern soul mentras que a cara B "I Don´t Know Why" non ten demasiado gancho.

sábado, 28 de febreiro de 2009

JOHNNY JOHNSON & HIS BANDWAGON Mr. Tambourine Man (Single, Bell Records, 1971)

Orixinalmente coñecidos como The Bandwagon, este grupo formouse en 1967 con Artie Fullilove, Billy Bradley, Terry Lewis e Johnny Johnson como cantante. Editaron un LP e unha serie de sinxelos, dos que o seu maior éxito foi Breakin' down the walls of heartache, que chegou ao número catro das listas británicas. En 1970 caen en mans de Tony Macaulay, un dos mellores compositores ingleses de música chicle dos 60, cuxos traballos máis coñecidos foron os que protagonizou con The Foundations, e compón, xunto con Roger Cook e Roger Greenaway, para os xa coñecidos como Johnny Johnson & his Bandwagon a canción pola que máis se lles recorda: (Blame it) On the Pony Express.
Tras un novo LP, en 1971 gravan o sinxelo que vos presentamos. Había que ser moi atrevido para editar de novo unha canción tan mítica como Mr. Tambourine Man, pero se pensades que esta é unha interpretación calquera vos equivocades. Acadaron, cun arranxo bastante audaz, obra de Gerry Shury e de do proprio Macaulay, unha versión apenas recoñecible do tema de Bob Dylan. Unha brillantísima mestura de soul, funk e bubblegum que, oh, sacrilexio!, atreveríame a dicir que non ten absolutamente nada que envexar á inmortal versión dos Byrds. Ah!, e tamén se pode bailar...A cara B, Soul Sahara, resulta ser un exercicio de estilo funk sen a maior trascendencia.

venres, 27 de febreiro de 2009

LOS CHEYENES Discografía Completa (LP, Cocodrilo. 1986)

A pesar de que hai en Cd un par de reedicións de toda a discografía (tres EP´s e os dous singles) destes melenudos garaxeiros barceloneses ningunha das dúas ten un sonido decente. Dez anos anos atrás dentro da serie "Pop de los 60" aparecía a primeira e máis tarde a de Ramalama. A pesar de que supostamente son gravacións remasterizadas, parece como se as cancións lles aplicaran un deses filtros que traen por defecto os programas máis sinxelos de edición de audio. O son é cavernoso e horrible así que decidimos recuperar aquel vello vinilo editado por Cocodrilo. Incluso coñecendendo o cutre que eran as reedicións do selo, sona bastante mellor que o que se pode atopar en Cd. As notas da contraportada non veñen asinadas pero supoñemos que serán de José Luis Álvarez.

xoves, 26 de febreiro de 2009

COMBO DINAMO Rex (Single, 2009)

Un dos grupos que máis nos gusta da Coruña volven a carga con dous singles promocionais que se poderán descargar no seu myspace e tamén aquí. A primeira referencia é "Rex" como cara A, tema extraído do seu LP "Decencia e buen gusto" e na cara B "Canción de amor digital terrestre" e unha estupenda versión de "Needle in the camel's eye" de Brian Eno que convirten en "La aguja en el ojo del camello". Esperaremos a Abril para o seguinte lanzamento.
Combo Dinamo

mércores, 25 de febreiro de 2009

PRIMAVERA NEGRA La Ciudad Tambor (Single, La Rosa, 1987)

PRIMAVERA NEGRA Flores Encendidas (LP, La Rosa, 1986)

PRIMAVERA NEGRA Bajo El Sol (Single, Twins, 1985)

PRIMAVERA NEGRA Primavera Negra (MLP, Twins, 1985)

PRIMAVERA NEGRA Colonos de Marte (Single, Acuario, 1984)

Non sei a quen lle escoitei que o máis interesante do pop rock hispano da década dos oitenta era o que se facía na periferia. Tal vez sexa algo esaxerado, pero non deixa de ter certo sentido. Como proba a favor teriamos a Primavera Negra, que chegaban dende Lleida da man de Javier Baró, un persoalísimo cantautor rock que fundía o mellor do folk rock americano máis literario cun curioso gusto polo pop nacional dos 60 e a imaxinería da súa terra de orixe.
Artigo Completo
Moitas grazas a Josep de Barcelona Rock 80´s por colaborar con este primeiro single.