Amosando publicacións coa etiqueta Pop Rock. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pop Rock. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de decembro de 2019

TRAMWAY - A Brand Of Lovin' (Siesta 1994)

                                      "Gianni Bugno Wheels"


 Este "A Brand of Lovin' " de Tramway, a primeira referencia do selo Siesta, é todo un tratado de continuidade silvestre desa independencia que nos 80 agromou coa C-86 do NME (Felt, Primal Scream, Tallulah Gosh, Razorcuts, Jasmine Minks, Pastels...) e que demostra que como tódalas décadas, os 90 deron bandas das que sentirse satisfeitos. Os irmáns Nancy e Matthew Evans despois do abraiante Ep "West Country Hospitality" presentan esta alfaia. con nove temas na versión vinilo e 13 na de cedé, das que non podemos deixar de salientar ese "Gianni Bugno Wheels", "Lookin' To Be Movin", "That Old, Old Feeling", ou esa broma que no cedé figura como pista instrumental a 10, e na realidade é unha adaptación da peza de Mary Poppins "Life's a Country Holiday With Mary". Dos irmáns Evans nada sabemos nin nos molestamos en indagar. De Jez Butler, teclados e frauta, digamos que é o instigador de Tomorrow's World, Mild Euphoria ou Sunshine Day entre outros. En fin, gocen dunha obra mestra, este "Brand of Lovin' " que segue fresco como una leituga fresca.


martes, 16 de abril de 2019

LOS TORMENTOS - Guitarra y Carretera (Justine, 1989)


A petición dun comunicante anónimo recuperamos este disco de Los Tormentos, a aventura de Xavier Baró despois da disolución de Primavera Negra.

“En aquellos entonces, yo tenía intención de lanzarme ya a la aventura en solitario, pero Mingo me insistió y, tras la disolución de Primavera Negra, llegó Tormentos. Esta banda sacó un disco pero tuvo poco tiempo de vida en los albores de los noventa.La idea que tenía era la de seguir haciendo rock’n’roll juntos terapia y divertimento”. Xavier Baró.



domingo, 4 de novembro de 2018

WAGON - Wagon (Top Records, 1971)

Segundo a pouca información dispoñible Wagon eran franceses que acabaron en España a principios da década do setenta e que dalgunha maneira estableceron contacto co pekenike Alfonso Sáinz que se interesou pola súa proposta, de feito el é o supervisor musical e asina  cinco dos temas xunto a Daniel G. e Claude H.. No estritamente musical as cancións traen á mente a grupos como Chicago ou Blood, Sweat & Tears co toque progre que tiñan na súa primeira época. Excepto a versión dun tema que non me gusta nada, "Green Green Grass Of Home," o resto do disco está bastante ben aínda que as guais son "Forever", recuperada en "Sensacional Soul Vol. 2", "Show Me Which Way" e "I Love You, I Need You, I Want You" con ese toque Tony Macaulay.


xoves, 5 de xuño de 2014

MIKE McGEAR - McGear (WB 1974)

"Rainbow lady"

"McGear", publicado en setembro de 1974, foi o segundo álbum en solitario de Mike, que desta volta contou coa colaboración case total do seu irmán Paul McCartney que ademáis da produción tamén proporcionou o acompañamento musical dos Wings, ou sexa Linda, Denny Laine e o guitarrista recén chegado Jimmy McCulloch. Como os Wings non tiñan un batería estable nesa época, recurriron a Gerry Conway da banda de Cat Stevens. Paul co-escribiu todas as cancións do álbum, coa excepción de "Sea Breezes", escrita por Bryan Ferry.