mércores, 15 de outubro de 2008

EX-CROCODILES Maxi (Sometimes Music, 1983)


Os Ex-Crocodiles viñan de Mallorca e tiñan como mente pensante a Juan Manuel Riera. Antes de acurtar o nome e pasar a ser simplemente Crocodiles deixaron este maxi e un posterior en Romilar D (non tan interesante), así como un flexi editado no aniversario do bar madrileño La Vía Láctea e que non teño a pesar de que lle din a vara a un dos membros dos Valendas para que me enviara unha das varias copias que tiña, pero foi imposible. As cinco cancións incluídas son todas gañadoras, destacando "Surf is a just a four letter word" e unha moi boa adaptación do "Here I Go" de Syd Barret.

Ningún comentario: