mércores, 16 de xuño de 2010

PALADIN Anyway - Give Me Love To You (Island, 1971)

"Anyway"

A Paladin o que lles ía en realidade era o rollo progre con moita presenza de teclados, de feito tiñan a dous tipos traballando niso. Todos tiveran experiencia previa como mercenarios, por exemplo de Terry Reid, ou en grupos máis ou menos respectados como World of Oz ou Glass Menagerie. Para os dous únicos discos que gravaron contaron coa produción de Philamore Lincoln e no caso do seu segundo "Charge", de onde está extraída "Anyway", dun deseño de portada de Roger Dean. " Give Me Love To You", un rock and roll de toda a vida, non ía no elepé aínda que sí na reedición en Cd. Anos máis tarde o seu baixista  Peter Beckett acabaría formando parte de Player, autores dunha das miñas canción favoritas de finais dos setenta "Baby Come Back".


Ningún comentario: