venres, 14 de xaneiro de 2011

MOOD SIX Hanging Around - Mood Music (EMI, 1982)

"Mood Music"

Mood Six foron unha desas bandas británicas de primeiros oitentas que por esgotamento do fenómeno mod acabaron por incorporarse a aquelo que se deu en chamar neo-sicodelia. Debutaron cun par de temas na compilación "A Splash of Colour" (1981) que tentaba reflectir ese tipo de revival e acabaron asinando contrato con EMI que lles publicou este primeiro sinxelo. "Hanging Around" aparecería tamén no seu primeiro elepé "The Difference Is..." pero nunha versión dferente. Cherry Red ten publicados un par de cd´s que recollen case toda a súa discografía.



Ningún comentario: