xoves, 3 de abril de 2014

JAKE Y THE FAMILY JEWELS - Jake Y The Family Jewels (Polydor, 1971)

"It Came Without Warning"


Allan “Jake” Jacobs foi membro dos Magicians, grupo neoiorquino que gravou aquela peza titulada “Invitation To Cry” compilada por Lenny Kaye en "Nuggets: Original Artyfacts From The First Psychedelic Era" no ano 1972. Despois dos Magicians, Jacobs xuntouse con Andrea “Bunky” Skinner ao que coñecía do circuito folk dos primeiros sesentas no Greenwich Village e chegaron a ser Bunky & Jake, deixando dous discos gravados no 1967-68: "Bunky & Jake" e "L.A.M.F.". No ano 70 Jacobs con Mike Rosa e Jerry Burnham formaron Jake And The Family Jewels. Este é o primeiro e tamén o máis interesante dos dous discos que gravaron, movéndose dentro do que se deu en chamar "good-time music". Hai opinions que din que teñen un toque a NRBQ, quizáis nalgún tema como "It Came Without Warning" pero a min me lembran a aquelas producións de Erik Jacobsen para Lovin´ Spoonful ou Sopwith Camel e por momentos ao que facía Dan Hicks cos seus Hot Licks en temas como "I Remember Cissy's Baby". Moi entretido.

Ningún comentario: