xoves, 26 de decembro de 2019

TRAMWAY - A Brand Of Lovin' (Siesta 1994)

                                      "Gianni Bugno Wheels"


 Este "A Brand of Lovin' " de Tramway, a primeira referencia do selo Siesta, é todo un tratado de continuidade silvestre desa independencia que nos 80 agromou coa C-86 do NME (Felt, Primal Scream, Tallulah Gosh, Razorcuts, Jasmine Minks, Pastels...) e que demostra que como tódalas décadas, os 90 deron bandas das que sentirse satisfeitos. Os irmáns Nancy e Matthew Evans despois do abraiante Ep "West Country Hospitality" presentan esta alfaia. con nove temas na versión vinilo e 13 na de cedé, das que non podemos deixar de salientar ese "Gianni Bugno Wheels", "Lookin' To Be Movin", "That Old, Old Feeling", ou esa broma que no cedé figura como pista instrumental a 10, e na realidade é unha adaptación da peza de Mary Poppins "Life's a Country Holiday With Mary". Dos irmáns Evans nada sabemos nin nos molestamos en indagar. De Jez Butler, teclados e frauta, digamos que é o instigador de Tomorrow's World, Mild Euphoria ou Sunshine Day entre outros. En fin, gocen dunha obra mestra, este "Brand of Lovin' " que segue fresco como una leituga fresca.


Ningún comentario: