Outro que se foi estes días foi Junior Morales. A súa carreira en solitario non pasa do discreto pero malia iso sempre aparece algo, como esta fantástica cara B que imos adicar ao noso querido Bernardo e a seu blog Mi Tocadiscos Dual, todos tivemos un.
venres, 18 de abril de 2014
ALFONSO SAINZ - Quédate / I Got A Feeling (Philips, 1977)
Onte morría Alfonso Sáinz así que aquí vai esta pequena lembraza cun tema que ten pouco que ver coa súa faceta máis coñecida como membro dos Pekenikes.
xoves, 3 de abril de 2014
JAKE Y THE FAMILY JEWELS - Jake Y The Family Jewels (Polydor, 1971)
"It Came Without Warning"
Allan “Jake” Jacobs foi membro dos Magicians, grupo neoiorquino que gravou aquela peza titulada “Invitation To Cry” compilada por Lenny Kaye en "Nuggets: Original Artyfacts From The First Psychedelic Era" no ano 1972. Despois dos Magicians, Jacobs xuntouse con Andrea “Bunky” Skinner ao que coñecía do circuito folk dos primeiros sesentas no Greenwich Village e chegaron a ser Bunky & Jake, deixando dous discos gravados no 1967-68: "Bunky & Jake" e "L.A.M.F.". No ano 70 Jacobs con Mike Rosa e Jerry Burnham formaron Jake And The Family Jewels. Este é o primeiro e tamén o máis interesante dos dous discos que gravaron, movéndose dentro do que se deu en chamar "good-time music". Hai opinions que din que teñen un toque a NRBQ, quizáis nalgún tema como "It Came Without Warning" pero a min me lembran a aquelas producións de Erik Jacobsen para Lovin´ Spoonful ou Sopwith Camel e por momentos ao que facía Dan Hicks cos seus Hot Licks en temas como "I Remember Cissy's Baby". Moi entretido.
martes, 1 de abril de 2014
WHITE CHOCOLATE - Getting Ready To Rock & Roll - Let´s Get Funked (RCA, 1974)
WHITE CHOCOLATE está compuesto por tres jóvenes, cuyas raíces musicales nacen del rock de los años 60. En 1967, cuando aún eran unos adolescentes, comenzaron a tocar juntos. Conforme fueron creciendo, tomaron diversos caminos, para reunirse de nuevo, hace dos años, con su actual nombre musical. Integran el trío, Charlie Karp (primera guitarra y cantante), David Hull (bajo) y Jimmy Maher (batería). Todos ellos tienen, pese a su juventud una larga experiencia, e incluso han llegado a tocar junto al gigante Buddy Miles. Componen sus canciones y crean su propio sonido, con el que se han ganado sitio preferente en las listas norteamericanas. Los dos temas que este single recoge, dan la medida de su calidad y su valía.
xoves, 13 de marzo de 2014
LYN TODD - Lyn Todd (Vanguard 1980)
"This Time I'm Doin' It For Love"
Lyn Todd, unha habitual da escena punk neoiorquina de finais dos setenta, púxose en mans de futuro magnate discográfico Bobby Orlando para a gravación do seu primeiro e único disco, de feito Bobby O produce, toca e compón a maioría dos temas. Algún sesudo atopará un parecido máis que razoable entre a canción que soa no reprodutor e o "Can You Fix Me Up With Her" de The Now e a razón é máis que obvia, detrás daquel proxecto tamén estaba el, ademais algún membro de The Now colabora no disco. O resto das cancións, incluídas as versións frikis de "Pinball Wizzard" e "Rebel, Rebel", son menos power e máis disco. A moza morreu hai uns anos dun aneurisma cerebral.
martes, 11 de marzo de 2014
LOWRY HAMNER & THE CRYERS - Midnight Run (Mercury, 1979)
"Who You Tryin' To Fool"
Aquí vai o segundo disco dos Cryers que en liñas xerais e bastante inferior ao primeiro pero aínda así ten os seus momentos. Da formación orixinal só quedan o propio Lowry, o baixista Tom Ethridge e o guitarrista Clay Barnes. Dentro das colaboracións, e como figuras máis coñecidas, aparecen Garth Hudson (The Band) ou Timothy B. Schmit (Poco, Eagles).
luns, 10 de marzo de 2014
THE CRYERS - The Cryers (Mercury, 1978)
"Shake It Up (Ain't It Time)"
The Cryers comenzaron en Meridian, Mississippi arredor da figura do guitarrista Lowry Hamner peron acabaron trasladándose a New York que era onde se facía o churrasco máis rico naquel final de década. Despois de recorrer a típica ruta de clubes guais do momento como o CBGB's ou o Max's Kansas City son fichados por Mercury a instancias de Steve Katz (Blood, Sweat and Tears, The Blues Project...) que veu potencial nas cancións de Hamner, un verdadeiro talento na liña de baladistas afectados e sufridores estilo Colin Blunstone, Dwight Twilley ou Eric Carmen, de feito o nome do grupo está en consonancia co seu son. Neste primeiro disco a banda combina acertadamente a parte máis powerpopeira do seu repertorio "Shake It Up (Ain't It Time?)", "(It's Gonna Be A) Heartbreaker" ou "I´m Fire" coa tenrura das pezas máis lentas e os medios tempos especialmente notables en "Diamond Ladies", "Oh, I Get High" ou "I'll Steal Away", onde Lowry Hammer saca gran partido á súa bonita voz. Un segundo disco "Midnight Run" foi publicado ao ano seguinte pero xa como Lowry Hamner & The Cryers.
xoves, 6 de marzo de 2014
mércores, 5 de marzo de 2014
HOMESTEAD - Every Living Thing Has A Place In God´s Heart...(Nimbus 9, 1972)
"St. Mark's Place"
Malia que pola portada e polo título podería parecer un disco de orientación relixiosa, non ten moito que ver con esa corrente e si máis co típico produto de segunda fila de primeiros setentas con algún momento interesante. Neste caso gustáronme un par de instrumentais "St Mark´s Place" e "Suite" ademáis dunha macarrada titulada "Woman", o resto, do máis normaliño, probablemente nunha semana nin me lembre. Por certo, Homestead eran un dúo canadiano formado polo vocalista John Finley, que xa tivera o seu momento de gloria cos Rhinoceros, e o teclista Bill King que tamén era o compositor de tódolos temas. O disco publicouse en España vía Belter un par de anos despois.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













