Amosando publicacións coa etiqueta Hard Rock. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Hard Rock. Amosar todas as publicacións

venres, 31 de outubro de 2014

BABEL - Sube A Mi Tren (1982)



Outra macarrada que atopei nesta recopilación que editou o selo Victoria para aproveitar o tirón do hard-heavy rock que se facía nos primeiros 80. O resto do disco mete un pouco de medo pero este tema de Babel, grupo do que non sei nada, ten o seu aquel..

xoves, 30 de outubro de 2014

PIRÁMIDE - Diablos De La Noche / Caminos (Sociedad Fonográfica Asturiana, 1982)


Asturianos, aínda que non sei de  onde. Típico disco que se ve pouco e que tiña como tema estrela esta macarrada que se pode escoitar no reprodutor. "Caminos" é unha baladiña tipo Burning que non ten nada destacable.


martes, 9 de setembro de 2014

FOGGY MENTAL BREAKDOWN - Pleased To Meet You (EP, Man, 1995)


Foggy Mental Breakdown viñan de Vigo e a verdade nunca me dixeron moito ou case nada pero atendemos a petición de alguén que andaba na procura da canción que se escoia no reprodutor.


xoves, 18 de outubro de 2012

VARIATIONS - Variations Nº 3 (EMI, 1970)

"Free Me"

Variations eran macarritas franceses que cantaban case sempre en inglés e aos que lles ía o rollo tipo Cream ou Hendrix. Malia esas malas influencias hai que recoñecer que esta peza é resultona.

venres, 9 de decembro de 2011

XY&Z - Osaka / The Days Are Passing (Test Pressing, 1970)

"The Days Are Passing"

Estos rapaces agachados baixo o nome de XY&Z eran en realidade os franceses Century. "Osaka" non vale moito pero esta macarrada hardroqueira que ía na súa cara b ten o seu punto.

luns, 20 de decembro de 2010

MAC N´ RONES Abraza la Fe (EP, GAL&CIA, 1992)

"Dycola"

"Dycola", un homenaje gamberro al combinado de whisky con coca-cola más barato y popular entre los jóvenes a finales de los ochenta y principios de los noventa fue el gran momento de los coruñeses Mac N´Rones. En cierto modo, tomó el relevo del "Solución suicida" de Viuda Gómez e Hijos dentro del papel de canción emblema del rock local y puso a la banda a las puertas de un salto masivo que nunca llegó. El único testimonio grabado de la banda lo constituye el epé "Abraza la Fé" y un cedé compartido con el grupo No Hay Manera de 1998, que salió meses antes de la disolución." La Voz de Galicia

Entrevista en La Opinión

martes, 21 de xullo de 2009

EPOCA No Estoy Bien / Buscaré otra chica (Ariola, 1971)



A historia deste grupo comenza cando tres dos músicos que acompañan a Georgie Dann nos primeiros 70, Mario Balaguer, guitarra, Alberto López batería e Enrique Milián baixo, deciden montar un trío hardroqueiro ao xeito dos grupos que en realidade lles gustan, cousas na liña de Deep Purple, Black Sabbath e sobre todo Cactus. A finais do 71 e con axuda de Tony Ronald gravan para Ariola un single baixo o nome de Época. Os dous temas, ambos firmados polos membros da banda "No estoy bien" e "Buscaré otra chica", son dúas macarradas formidables, do mellor feito en España nos primeiros setentas e en castelán dentro dese estilo. Na portada xa avisan: "Atención: reproducir a fuerte volumen". O single non tivo repercusión así que voltaron con Georgie, todo un seguro de vida e seguiron preparándose para a súa seguinte e exitosa aventura: Santabárbara

domingo, 10 de maio de 2009

RED BOX-EL ROJO Ira Roja (Single, Chapa, 1978)


Recuperamos hoxe unha das cancións favoritas do noso colaborador Lobo López, un verdadeiro fan de "Ira Roja" a macarrada que ía de cara A deste single. O texto é de Vicente "Mariscal" Romero e está extraído de "Hª de Una Etiqueta"

Red Box-El Rojo fueron un grupo fantasma como dejaba entrever la portada del single con dos canciones que sacaron con Chapa donde aparecían con sus ojos cruzados por una línea en plan de guerreros enmascarados. Eran los Madrid 20 una banda con pocas salidas cuando el genio Rafael Baladés -un tipo de la publicidad que creó las "Noches Rojas"- les propuso cambiar su nombre por el de la marca de vaqueros que patrocinaría en el 81 la segunda experiencia de las Noches Rojas tras lo chungo que les había resultado la primera experiencia con el panadero Miguel Ríos que acabó en los juzgados por el celo crematístico de nuestro viejo rokero que pasaba por momentos de crisis económica tras el hundimiento de la sociedad de fabricación de pan que tenía con los jugadores del Real Madrid Santamaría y Félix Ruiz. Baladés, un letrista urbano de primera, había hecho una gran letra para el cambio político -libertad. sin ira, que cantaron los Jarcha- y quería mamar el rollo. Primero montaría aquel increíble tinglado del verano, del 80 con el Ríos como empresario para repetirlo al año siguiente con la creación de un grupo que fueran los que lanzaran sus mensajes de fin de siglo. Compuso las dos letras que contenía el único disco pequeño que la banda editó y a mí me parecieron dos de las mejores letras de toda la historia de Chapa. Durante esta experiencia los Madrid-20 hicieron doblete de nombre: cuando había que hacer algo relativo a las Noches Rojas se convertían en Red-Box, cuando los bolos eran fuera de la aventura tocaban con el nombre original. La experiencia fue muy positiva ya que también la aventura se complementó con un programa de radio a nivel nacional "Bocata de Rock" que yo realicé y presenté a través de un montón de emisoras de la Cope y en colaboración con la entonces revista Vibraciones. La imaginación de Baladés no tenía límites, loco maravilloso, y hasta me mandó en un viaje al Machu-Pichu un plan esotérico-rokero que por poco me cuesta quedarme "colgao" para los restos.

JUAN LUIS SERRANO: Bajo, voz
FRANCISCO MARTlNEZ: Guitarra
MIGUEL TURRION: Guitarra
ANGEL: Batería

domingo, 29 de marzo de 2009

CROW Evil Woman (LP, Exit-Ekipo, 1971)

Crow foron un quinteto macarrita formado en Minneapolis a finais dos sesenta polo cantante David Wagner, o guitarrista Dick Wiegand, o baixista Larry Wiegand, o teclista Kink Middlemist e o batería Denny Craswell. "Evil Woman" é o seu primeiro disco, aínda que lonxe de España levaba por título "Crow Music". O tema máis popular que incluso chegou as listas foi "Evil Woman (Don’t Play Your Games With Me)" que sería versioneado por Black Sabbath no seu primeiro album. Outros que non desentonan dentro desa liña son "Time To Make A Turn" que me lembra aos Bravos e "Gonna Leave A Mark" cun arranxos de ventos e frautas guais. O resto do disco é hard-rock con toques blues e boogie bastante aburrido para o meu gusto.

venres, 20 de febreiro de 2009

MOXY II (LP, Polydor, 1974)

Moxy eran un quinteto de canadianos hardroqueiros que deixaron unha longa discografía. Este é, evidentemente, o seu segundo disco que, ao igual que o primeiro non vale moito, pero este ten polo menos un tema notable na peza que abre o disco "Cause There's Another" que aínda que empeza cun riff típico do xénero deriva nun espléndido exemplo de hard power-pop. Tampouco está mal o instrumental "Slippin' Out" que pecha a cara A co protagonismo dun vocoder, accesorio musical moi popular a mediados dos setenta, lembra a Peter Frampton en "Do you feel like we do?. O resto do disco só para muy fans.