Amosando publicacións coa etiqueta Holanda. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Holanda. Amosar todas as publicacións

martes, 8 de novembro de 2011

JUMBO - He Goes Bla-Bla / I´m Leaving Today (Accion, 1972)

"I´m Leaving Today"

Una cosa lleva a la otra así que vamos con otra portada con avión. En   esta ocasión el bonito biplano está pilotado por los holandeses Jumbo. "He Goes Bla-Bla" es una conachada chicletera así que nos quedamos con la ensoñadora "I´m Leaving Today" y ese toque Joaquín Rodrigo.


sábado, 17 de xullo de 2010

DAVID ALEXANDER WINTER Oh Lady Mary (EP, Barclay, 1969)

" Qu´est-ce Que j´ai Dansé!"

O único que me chamou a atención deste Ep de David Alexander Winter, seudónimo do holandés Leon Kleerekoper, é a adaptación do "I Can't Stop Dancing" de Archie Bell And The Drells.


mércores, 24 de febreiro de 2010

THE MOTIONS Sensation (Simogram, 1971)

"A new day"

Os holandeses The Motions, mantiveron unha formación bastante estable nos seus tres primeiros anos de vida pero cando en 1967 Robbie van Leeuwen decide deixalo para montar Shocking Blue, o grupo convertiuse nun ir e vir de músicos. "Sensation" foi o seu último traballo gravado coa seguente aliñación: Paul van Melzen, Han Cooper, Leo Bennink, Bobby Green e Rudy Bennett, o único membro que estivera na formación orixinal. Malia que o disco non é unha marabilla e está preto diso que poderíamos chamar rock rutinario, hai algunha canción bastante decente como a que abre, "A new day" cunhas bonitas guitarras e certo espíritu Traffic, o toque progre de "Colours are coming", o folk pop de "Can you show" ou o instrumental titulado "Round". 


martes, 20 de outubro de 2009

martes, 8 de setembro de 2009

PATRICIA One Huge Road - Tell Me You´re Never Gonna Leave Me (Talar, 1971)



Patricia, de apelido Paay e natural de Rotterdam, comenzou cantando jazz coa orquestra do seu pai pero a sús faceta máis destacada estivo como vocalista sesioneira coa súa irmá Yvonne para figuras como Golden Earring, Tee Set ou The Cats. Nos setenta probou tanto en solitario como formando parte doutras bandas ata que acabou abrazando a fé da música disco. Os dous temas non están nada mal, a banda que a acompaña está ben, moi resolutiva, e a súa voz non me disgusta pero a mellor é "One Huge Road", moito máis macarra

xoves, 20 de agosto de 2009

GINGER ALE Scoobidad - Sugar Suzy (Accion, 1972)



Ginger Ale eran holandeses e funcionaron nun principio como Roek´s Family. Entre os seus compoñentes estaban o baterista Richard de Bois logo convertido en productor de renome e o guitarrista Steve Allet que formaría parte dos máis famosos Ekseption. "Sugar Suzy" é unha canción fermosa e chea de melancolía, unha favorita persoal que hai uns anos apareceu recuperada no Cd "Mr Toytown Presents..."

Parece ser que os non hispanos teñen problemas coa nosa tipografía á hora de baixar os arquivos así que a partir de agora evitarei o uso das eñes e os acentos nos títulos.

sábado, 15 de agosto de 2009

CAPE CANARY West Virginia - Upon You (Belter, 1974)



Máis grupos holandeses neste caso este dúo do que case non atopei información agás que deixaron tres sinxelos. As dúas pezas están compostas por Cees Vlootes que non sei se é un dos integrantes. "West Virginia" non vale moito pero "Upon You" ten uns divertidos arranxos de cordas e un ritmillo molón construído a base de bongós.

BONNIE St. CLAIRE AND UNIT GLORIA Clap Your Hands And Stamp Your Feet - Catch Me Driver (Philips, 1973)



Despois de case dúas semanas adicadas ao Felipop aquí estamos de novo no punto onde o deixaramos, así que xa que falabamos das distintas mutacións do holandeses Gloria, presentamos hoxe o single macarrita gravado por Bonnie St Claire & Unit Gloria. "Clap Your Hands And Stamp Your Feet" e un excelente tema glamroqueiro mentras que a súa cara B "Catch Me Driver" tampouco desmerece.

mércores, 5 de agosto de 2009

GLORIA The Last Seven Days - The Merry Dance (Stateside, 1969)



Gloria eran os holandeses Albert Hol (Mouse) á guitarra, Gerrit Hol (Meep) á batería, Hoss van Hardeveld que tocaba baixo e Robert Long á voz e órgano. Un dos seus momentos de máis éxito foi esta apocalíptica "The Last Seven Days" que a mín non me di nada de nada pero traemos o single porque a súa cara B "The Merry Dance", asinada sen nengún rubor polos membros da banda, non é máis que o "Renacerá" dos Brincos en inglés, imos perdonarlles a ousadía porque lles queda bastante ben. Gloria transmutaríanse logo en Unit Gloria, Robert Long & Unit Gloria e partir de 1972 en Bonnie St. Claire & Unit Gloria que tiveron moi bos momentos como "Clap Your Hands And Stamp Your Feet".

SANDY COAST True Love, That´s Wonder - If (Polydor, 1971)

Moitos holandeses non estaban errados cando convertiron "True Love, That's a Wonder" nun dos maiores éxitos de Sandy Coast. A canción ten un pouco de todo pero o estribillo é o que máis me mola.



sábado, 18 de abril de 2009

FRESH, MEAN & HEALTHY Varios (LP, Polydor, 1980)



A pesar da portada, o outro día merquei esta recopilación de bandas holandesas a maioria delas de finais dos setenta, unha especie de caixón de sastre que abarca distintos estilos. En xeral está bastante mellor a cara A cá B. Os encargados de abrir son Golden Earring na procura dun son máis pop, o tema de Diesel é dos máis powerpopeiros do disco, a de Earth & Fire coa súa cantante Lisette ten algún momento durante a canción, a escollida do grupo Sportivo non está entre os seus mellores momentos mentras que Headlines son unha banda con rapaza estilísticamente semellante a Blondie, non está mal. Hugo van Haastert non me di nada e Jean Cariot despide a primeira cara cun pastiche pop AOR. Para a cara B temos a New Adventures coa súa celebrada adaptación do clásico "Come On" de Chuck Berry, sen dúbida a versión. Tamén apareceu no seu momento naquel "On The Wave" unha das mellores recopilacións de new wave publicadas no seu día. Que dicir de Flavium, "Nightlife" é un blues firmado por Willie Nelson e cuns arranxos semellantes aos de Fleetwood Mac en "Need Your Love So Bad", a pesar de ser un blues, xénero que me aburre soberanamente, ten o seu aquel. O tema mais popular dos progres Kayak "Ruthless Queen" non me gusta nin os seguintes, menos mal que para pechar a cara B aparece outra sorpresa con Nick Hall e "Lean Lovin´ Lady" unha mestura entre os Bay City Rollers e os Searchers de finais dos setenta, mola. Se tedes ganas, aínda que parece que iso de ler o que posteamos non debe ter moito interese, podedes consultar información sobre algún destes grupos na páxina de Alex Gitlin.

A1. GOLDEN EARRING Weekend Love 1979
A2. DIESEL Alibi 1979
A3. EARTH & FIRE Love Of Live 1974
A4. GRUPPO SPORTIVO Out There In The Jungle 1976
A5. HEADLINES So What´s Wrong With You 1980
A6. HUGO VAN HAASTERT I See A Light 1979
A7. JEAN CARIOT On My Way 1979

B1. NEW ADVENTURES Come On 1979
B2. FLAVIUM Nightlife 1979
B3. ALIDES HIDDING Hollywood Seven 1980
B4. KAYAK Ruthless Quenn 1978
B5. LONG TALL ERNIE & THE SHAKERS Let´s Do It Together 1980
B6. DANIEL Long Distance Highway 1978
B7. NICK HALL Lean Lovin´ Lady 1980

sábado, 21 de marzo de 2009

TORTILLA Little Heroes (LP, Belter, 1972)

Unha petición de Álvaro que sentía curiosidade por ver a que sonaba este disco de bonita portada e singular nome. Tortilla viñan de Bergen en Holanda e deixaron este único traballo. Eles eran os irmáns Emile den Tex (voz, guitarra) e Jan-Piet den Tex (voz, guitarra) xunto Henk Haanraads (guitarra), Gerard Groothuys (batería) e Willem Schoone, (baixo). O propio Jan-Piet den Tex na súa páxina define o disco como alt-country e algo diso pódese apreciar nas cancións ás que se lle notan débedas con aqueles sons representados entón por Neil Young, Gram Parsons ou The Band. A pesar de que o disco se abre co tema máis rock, "Wild Pony" o resto está dominado polos medios tempos e a influencia americana cun gran traballo do pequeno dos irmás, Emile den Tex á guitarra. As miñas favoritas son sen dúbida "In This Room" e "The Man, The Woman And The Dog" pero o resto non están nada mal.