Amosando publicacións coa etiqueta Portugal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Portugal. Amosar todas as publicacións

sábado, 14 de novembro de 2009

REI PESCADOR Confraria Das Almas (1994)



A única peza que me interesou deste disco de Rei Pescador, unha banda de Porto arredor da figura do guitarrista Orlando Mesquita, foi o instrumental de querencias folk que abre o cd .

xoves, 8 de outubro de 2009

VAI DE RODA San Joao (1990)



Existe realmente o acid folk portugués? A verdade que esta peza se estivera cantada en inglés de seguro que aparecía dentro dalgunha antoloxía do xénero. O resto do elepé, cun título que agradaría ao mesmo Sebastián Paredes, "Terreiro das Bruxas", non ten ese punto aínda que se alguén ten moito interese en escoitalo enteiro non haberá problema.

venres, 25 de setembro de 2009

IRMAOS CATITA Venus (2001)



A portada deste mini cd dos lisboetas Irmãos Catita prometía pero o certo é que o único que me gustou foi esta adaptación ao portugués do Venus dos Shocking Blue que lles queda moi ben.

venres, 18 de setembro de 2009

OS AFONSINHOS DO CONDADO Os Afonsinhos do Condado (MLP, Polygram, 1990)



A semana pasada quedei con Franki para xantar e ver o su novo local de golosinas chamado moi apropiadamente Frankis (Rúa Riego de Agua na Coruña). Despois do café en Barrañán pasoume outro lote de discos que aínda están en fase de lavado e restauración pero con este dos lisboetas Afonsinhos do Condado xa rematei. O mini elepé e unha compilación de traballos anteriores da banda con dúas pezas novas "Querida Guida" e "Música do Sul" que me gustaron moito. Do resto destacaría a simpática "Sambinha para Gorvachev" cun toque Mutante e "Vivi Com A Lua Chea" que tampouco está mal.

domingo, 23 de agosto de 2009

JESS & JAMES Move - Seria El Fin (Belter, 1968)

Os mesmos dous temas pero nas súas versións en castelán

JESS & JAMES The End Of Me - Move (Belter, 1968)

Comenzamos hoxe a recuperar case tódala discografía desta parella de portugueses de Porto, Antonio e Fernando Lameirinhas, que nos primeiros sesentas emigraron cara Bélxica coa súa familia fuxindo da dictatura do xeneral Salazar. Alí, e cos nomes artísticos de Tony e Waldo Lam montaron a J.J. Band e comenzaron a gravar os seus primeiros discos para o selo Palette conseguindo bos éxitos como "Move" ou "Something for nothing". Desde o ano 1967 tamén se fixeron populares en España onde chegaron a editarse os tres elepés e unha dúcia de sinxelos, todos eles no selo Belter e polos que desfilaban soul, pop, rock, sicodelia e incluso rollo máis progre. No ano 69 apareceron diferencias entre or irmáns que querían seguir facendo soul e a J.J. Band que optaba por seguir o son que naqueles momentos popularizaban Chicago ou Blood, Sweat and Tears así que cada un tirou polo seu lado. No ano 1970 podemos ver á parella colaborarando co músico de jazz Scott Bradford e co afeccionado á electrónica Arsène Souffriau dentro do proxecto The Free Pop Electronic Concept cos que editan ese extraño experimento que é "A new exciting experience" recuperado por Vampisoul e que podedes escoitar aquí. Nos setenta seguiron con distintas aventuras e incluso chegaron a formar parte dos Canarios do noso Teddy. Estas dúas pezas están extraídas do seu primeiro elepé "Move".


xoves, 20 de novembro de 2008

TAXI (LP, Polygram, 1981)

Taxi foron unha banda portuguesa que comenzaron no 1976 baixo o nome de Pesquisa. A finais de década adoptan o definitivo de Taxi cunha formación na que estaban João Grande (voz), Henrique Oliveira (guitarra), Rodrigo Freitas (batería) e Rui Taborda (baixo). Orixinalmente cantaban en inglés pero cando fichan por Polygram para gravar o seu primeiro disco a discográfica ponlles como condición que deben cantar en portugués. Aceptado o desafío debutan coa estupenda "Chiclete", que é un éxito no país veciño e que tamén lles permite tocar no 1981 como teloneiros dos Clash. O álbum "Taxi" convertiríase no "primeiro disco de ouro do rock portugués", vendendo máis de 35.000 discos e, a verdade, é unha venda merecida porque o disco está moi ben, divertido de principio a fin, dos de mover a perna, un excelente disco de ese tipo de "new wave" con influencias do reggae e o ska. Ademáis de "Chiclete" ten outras gañadoras como "TV WC", "Meu Manequim" ou as miñas favoritas "O as dos flippers" e "Não Máis". Desgraciadamente o seu segundo disco "Cairo", cunha portada de bonito deseño, viña nunha lata en formato circular, non estaba tan ben a pesar de vender máis de 15.000 unidades nos tres días posteriores ao seu lanzamento. Un ano despois editaron "Salutz" para despedirse no 1987 com "The Night", un disco integramente cantado en inglés.