sábado, 31 de xaneiro de 2009

COSECHA ROJA Nuevos Caminos (LP, Gal&Cia, 1993)

"Nuevos Caminos" foi o terceiro capítulo da historia de Cosecha Roja e o seu primeiro longa duración. Do disco editáronse nun principio 500 copias pero creo que logo se fixeron outras tantas que foron saíndo lentamente en anos posteriores, non sei se Carlos aínda ten algunha por se houbera algún fanático tentando facerse con ela. Nesta edición incluímos tres temas máis datados na mesma época: "Demasiado Tarde" un tema sobrante das mesmas sesións, "Espera", unha demo para a Radio Galega e "Verano Loco" un directo. Aquí tedes unha crítica do disco e un par de entrevistas

"Dicen que el grupo actual que más les gusta es The Silos, y eso resulta muy significativo. Sin que pueda decirse estrictamente que lo que hace este cuarteto gallego tenga algo que ver con el grupo de Salas-Humara, sí comparte con este una característica muy importante: la primacía de la emoción guitarrera sobre cualquier otra consideración. Lo de Cosecha Roja no tiene ni trampa ni cartón, y sí mucho de esa intensidad emotiva a la que me refiero, que se resuelve limpiamente en un buen equilibrio entre melodía arrebatada y ritmo con sensibilidad. "El asiento de atrás", "Pierdo el tiempo", "Nuevos caminos" o Nada más" son canciones llenas de alma y sangre, con las que se revive el inefable placer de expresarse con el corazón en la mano; el tema que mejor resume su atractivo es "Recodarte o morir", una estupenda muestra de trémula sinceridad que despierta un eco especial en mi sistema cardiovascular. Recuperando las mejores virtudes del pop guitarrero de los 80 - fuerza dinámica, sencillez apasionada, letras sin posturas -, Cosecha Roja se evidencian como una muy prometedora presencia que seguro irá a más.
José Boix , "Ruta 66"-1993


venres, 30 de xaneiro de 2009

I REMEMBER YOUR NAME A Tribute To The Records (LP, Sonic Recordings, 1997)

El fenómeno, en su momento sin duda dinamizador, de los discos-homenaje, tributos o como quieren llamarse, se ha convertido en algo corriente. Se cuentan por decenas Y, salvo en contadas ocasiones, ofrecen resultados poco lúcidos excepto para quienes adolecen de miopía propia de fan. Los aficionados han perdido la ilusión, y es disculpable: lógico tras ver una vez tras otra como nutridos repertorios de bandas clásicas, de esas que parecen no fallar nunca, eran reducidos a canciones sin un minimo de interés por advenedizos repletos de aspiraciones pero enfermos de mediocridad. Y, sin embargo, no faltan los fanáticos que aún hoy se lanzan a la aventura, que buscan un gran grupo y ofrecen el reto de recrear sus canciones. Así nació este disco que tienes entre manos, como la aspiración de reivindicar a una banda grande, aunque poco reconocida. Porque los Records lo son, sin duda. Y aqul estoy yo, que los tengo dentro de mi ramillete de favoritos, para ofrecerles mi homenaje particular. Para empezar, permitidme una anécdota. Comenzaba mis vacaciones veraniegas en Galicia, cuando mi anfitrión y amigo Luis, me propuso un plan de obligada aceptación: asistir a un ensayo de los Huéspedes Felices. AIIi se escucharon todos sus futuros clásicos, y entre ellos, un "Guitars in the sky" que entonces comenzaba a tomar forma. Poco a poco se habia ido prosperando con las diferentes partes de la guitarra, y habia llegado el momento de tocarla entera. Habla un problema: faltaba quien la cantara. En esto que al bueno de Luis se le ocurre tirarme el guante: "tu que la conoces, cántala" El caso es que me lo pensé. Yo, un modesto fan del buen pop, acostumbrado a tararear en el anonimato de mi habitación todos los clásicos, a atreverme -insensato- a destrozar los coros de Los Angeles o Kinks, tenia la posibilidad de debutar ante un reducido pero selecto público y hacerla con mi canción favorita del repertorio de una de mis bandas de cabecera. Sin embargo, la prudencia me venció. Decliné la invitación y, si os soy sincero, aún me pesa ..
No creo que al escuchar las recreaciones de este puñado de animosas bandas estatales sea bueno hacer comparaciones. Si para ti supone el primer acercamiento a las canciones de los Records, busca sin cesar sus grabaciones, piensa que son uno de esos agarraderos que nunca fallan, de esos a los que acudimos los que no podemos vivir sin banda sonora. Y si, como yo, eres viejo fan y has comprado el disco por motivos que no hace falta comentar, piensa qué hemos ganado: mas de 15 años despues aqui estan estos temas, en manos casi de la siguiente generación, tan relucientes como nos parecfan entonces. El pop, y con él, su amada compañera la melodía, ha triunfado una vez más y creo que vamos teniendo ya unas cuantas pruebas irrefutables de que montamos un caballo ganador.
Notas do disco por Eduardo Ranedo

Cara A
1 - MR SNOID Rumour Sets The Woods Alight (2:47)
2 - LOS POTROS Hearts In Her Eyes (3:17)
3 - ROSS I Don´t Remember Your Name (3:37)
4 - MALCONSEJO Man With A Girl Proof Heart (2:27)
5 - SUNDAY CRIME The Same Mistakes (3:49)

Cara B
1 - HAPPY LOSERS Girl In A Golden Disc (3:12)
2 - MATAMALA Spent A Week With You Last Night (3:00)
3 - CROCODILES Hearts Will Be Broken (4:37)
4 - HEARTBEATS The Worriers (3:16)
5 - LOS HUÉSPEDES FELICES Guitars In The Sky (4:21)
6 - POP MACHINE Hearts In Her Eyes (2:46)

xoves, 29 de xaneiro de 2009

P.P. ARNOLD Kafunta (LP, Charly-AUVI, 1978)

A historia de P.P. Arnold comenzou como vocalista para o ídolo xuvenil Bobby Day antes de entrar nas Ikettes o grupo vocal que acompañaba a Ike and Tina Turner. Arnold estivo de xira por Inglaterra con eles e no mesmo paquete estaban os Rolling Stones. Mick Jagger acabou por convencela de que quedara en Londres e con esos contactos non é estrano que fichara por Inmediate, o selo do manager dos Stones Andrew Loog Oldham. Os propios Loog Oldham e Jagger estiveron detrás do seu debú apropiadamente titulado "The First Lady of Immediate" en 1967, no que viña a súa canción máis coñecida, a versión de "The First Cut Is the Deepest" de Cat Stevens. "Kafunta" foi o seu segundo e último disco para Inmediate. Esta é a edición que saiu en España a finais dos setenta cando AUVI distribuía o catálogo de Charly que a súa vez facía o propio cos vellos discos de Inmediate. A portada como podedes comprobar non se parece nada á orixinal e como en case todas as edicións de Auvi eran un pouco cutres e case un centímetro máis pequenas que as normais, a veces meter o disco con funda de papel é un coñazo. "Kafunta" tivo como productor a Andrew Loog Oldham que tamén foi o encargado de seleccionar o material, cun criterio un puco particular. Da cara A destacan "Letter To Bill", unha boa adaptación de "God Only Knows" e a peza máis popular do disco, "Angel of the Morning". Os dous temas dos Beatles "Yesterday" e "Eleanor Rigby", non aportan nada. O mellor da cara B son a interpretación do "It´ll Never Happen Again" de Tim Hardin, o "To Love Somebody" dos Bee Gees e o terceiro intento de Oldham con "As Tears Go By" tras Marianne Faithfull e os propios Stones.
Peich de P.P. Arnold

mércores, 28 de xaneiro de 2009

PÚLSAR Rumbo al Norte (Demo 2005)

Onte morreu Dani Carchenilla coñecido familiarmente por Dani Púlsar xa que ese era o nome do seu grupo, en realidade un dúo, a outra parte era Nacho García. Eles editaron no 2002 unha maqueta, "Un Momento Pop" que non estaba nada mal e que nos convenceu para que tocaran no Felipop 2005 pero, a última hora e coas cancións xa ensaiadas, os dous mercenarios que tiñan para vir decidiron que o que facían non lles gustaba e os deixaron tirados. Non sei Nacho, pero Dani sentiuno de verdade, cousa que me foi lembrando os seguintes anos que veu ao festival. Pouco antes da cancelación da súa actuación fíxome chegar esta demo apropiadamente titulada "Rumbo al Norte". Sentímolo moito.
O seu Fotolog

martes, 27 de xaneiro de 2009

LOS BÓLIDOS Ráfagas (EP, Dju Dju, 1983) + RNE (1980)

Nese confuso tempo anterior a conversión da Nueva Ola en Movida, Los Bólidos foron o grupo de potencial máis desaproveitado, tanto que nin sequera chegaron a ver publicado ningún disco na súa curta existencia. Naceron en 1979 nos arredores de Paraíso, outro grupo que apuntaba alto, e distingúíanse de todos os seus contemporáneos no seu gusto polo pop acelerado e potente e as cancións de non máis de tres minutos, quizais o único daquela xeneración que verdadeiramente merecería catalogarse como Power Pop, algo así coma uns Nerves madrileños. Sempre coa fama de non soar ben en directo (quen o facía daquela), e de non tomar demasiado en serio a súa carreira, antes de desaparecer en 1981 deixaron unhas espléndidas maquetas das que uns fans tirarían alá por 1983 un EP no que figuraba «Ráfagas», pequeno clásico que debería terse convertido no «Another Girl Another Planet» nacional se neste país houbera algún Nick Lowe que producira grupos coma este. Chegaron a ser portada dun número de El País Semanal dedicado a novos grupos pop, aínda que non apareceron na reportaxe, e a protagonizar, detalle autenticamente tras, un programa daquel inesquecible Vivir cada día da TVE de entón. Na maqueta grabada en RNE en 1980 que achegamos ao EP, dan conta de dez cancións en só dezasete minutos, as catro do disco e outras veloces pílulas de son latoso e embarullado que deixan ver o que puido ser e non foi, e que como en tantos outros casos seguen esperando que alguén as edite de xeito oficial, ao modo desas Peel Sessions ás que tanto zume lle saca a BBC. Calquera que fora un rapaz naqueles anos non pode deixar de sorrir nostalxicamente ante versos como os de «La máquina», deliciosa e espídica oda ao hoxe prehistórico pinball: “Bonus, todos los que se puedan/Extra Ball, arrea esa diana/Especial por el pasillo lateral”.

Aquí poder ler a súa historia máis polo miudo, e ademáis incluímos o espazo que El Zurdo lles dedicou en Música Moderna, o seu lendario repaso ao nacemento da Nueva Ola.

luns, 26 de xaneiro de 2009

JAVIER BERGIA Don´t Think Twice, It´s Alright

A semana pasada non puiden ver enteira a actuación de Javier Bergia nos Concertos de Radio 3. Das dúas pezas que gravei, esta versión de "Don´t Think Twice, It´s Alright" de Dylan é fantástica e aproveitamos a ocasión para adicarlla ao Pequeño Poni, que disfrutará esta conxunción entre dous dos seus músicos favoritos.
Hai unha ligazón que nos fai chegar José para poder ver o concerto enteiro, preme aquí

domingo, 25 de xaneiro de 2009

PERO QUEN DEMO É ALAN SMITHEE?

Qué opción lle queda a un cineasta norteamericano cando as durísimas e decisivas etapas posteriores á filmación (cortes de montaxe, retoques de última hora que estiran ou mutilan o guión) converten o seu filme nunha sombra do que se propuxera realizar? Dispón de tres posibilidades: a resignación, os pleitos xudiciais (a miúdo aínda máis tortuosos que a posproducción) ou a opción de recorrer ó pseudónimo de Alan Smithee, o director fantasma que xa estampou a súa firma ó pé de máis de 50 longametraxes.

Todo comenzou en 1969, cando Robert Totten e Don Siegel (que dirixira en 1956 o clásico La invasión de los ultra cuerpos) decidiron retirar os seus nomes de Death of a Gunfighter (Morte dun pistoleiro), insatisfeitos coa montaxe que impuxera o productor. Ó Directors Guild of America, o poderoso sindicato que organiza ós directores estadounidenses, ocorréuselle inventar entón a Alan Smithee, un pseudónimo que serviría para suplantar ó director auténtico no momento en que os executivos dos estudios se excederan nas xa de por si xenerosas facultades de control que lles adxudica o americano way of filming. As test screenings, esas proxeccións previas á estrea ante espectadores rigorosamente seleccionados, que case sempre animan ós empresarios cinematográficos a estropear os filmes (por exemplo cambiando os finais contundentes por empalagosos happy ends), e nas preocupantes operacións de marketing, que deixan boa parte da responsabilidade en mans dos executivos en detrimento dos autores, auguran bo futuro ó bo de Smithee.
Artigo Completo e despois da lectura un vídeo

venres, 23 de xaneiro de 2009

OHIO EXPRESS Mercy (Single, Buddah-Fonogram, 1969)


Aquí estamos de novo despois do traballo na horta e con cambio de imaxe. O señor Estrume pensaba que o fondo branco é sempre moito máis estético así que fondo branco e ademáis, Lobo López quería que apareceran as ligazóns, aí tes as túas ligazóns. Para celebrálo aquí tedes un dos últimos singles dos Ohio Express, unha das bandas punteiras de aquilo chamado Bubblegum Music e que foi todo un fenómeno durante un par de anos, 1968-1969. A cara B "Roll It Up" tamén é boa.

Biografía

mércores, 21 de xaneiro de 2009

LOS BRINCOS Pareces Gitana (Single, Novola, 1971)


Aínda que gravada no 65, "Pareces Gitana" só se publicara en Italia. Novola editou este single despois da separación do grupo e como cara B utilizaron "Flamenco", que máis se pode pedir, dúas gañadoras absolutas.

martes, 20 de xaneiro de 2009

THE DOCTORS CHILDREN Discografía Coñecida


Nen sequera nestes tempos de sobreinformación virtual se pode contar moita cousa dos Doctors Children. Tampouco valeu de nada preguntarlle a Steve Wynn, que no seu día editou o seu único disco en Down There, aquel pequeno selo que usaba para sacarlle discos aos amigos (Naked Prey, Green on Red...). Nada máis lembra que eran moi bos rapaces, e que simplemente licenciou o disco para os USA porque lle recordaba aos seus queridos Only Ones. Boa razón, sen dúbida, e moi acaída, porque é verdade que por veces os Doctors Children recordan as cancións e o son do grupo de Peter Perret (sen as drogas e os solos de John Perry, ben é certo). Era precisamente ese regusto loureediano e os detalles que os aproximaban ao son do Dylan eléctrico, os que os apartaban de moitos daqueles grupos indies que medraban como cogomelos na Gran Bretaña de mediados dos 80. Editaron o seu primeiro single no 85, pero as dúas cancións que o formaban non deixaban ver a maior inspiración das súas seguintes entregas. O disco que se editou en España baixo o título de King Buffalo non é mais que a edición aumentada dun primeiro mini LP chamado Rose Cottage, e sería producido nada menos que por John Leckie, moi querido nesta casa polo seu traballo con XTC. Con dúas caras ben diferenciadas, cancións longas na A, máis curtas na B, King Buffalo é un delicioso tratado de pop sinxelo e enerxético de raíz americana pero de inconfundible sabor británico, de retrousos xubilosos e baladas velvetianas, a mostra dun talento, o de Paul Smith, único compositor, quizais menor pero nin moito menos despreciable. Aquí presentamos toda a súa producción discográfica coñecida, singles e caras B de maxi incluídas, e aceptamos gustosos calquer tipo de información sobre as súas andanzas e o paradeiro actual do amigo Smith.