mércores, 29 de abril de 2009

PILOT The Best Of Pilot (C5, 1991)

Quizáis o principal problema de Pilot cando comenzaron foi que os asociaran rápidamente co fenómeno de quinceañeiras que naqueles días tiña no Reino Unido aos Bay City Rollers como principais figuras. Ao igual que estes, Pilot tamén eran escoceses, neste caso de Edimburgo, pero esa mal interpretada semellanza non lle fixo moito ben ao grupo porque no fondo eran tipos realmente talentosos, compoñían grandes cancións e ademáis eran hábiles instrumentalmente, pero xa sabemos como son os críticos musicais que sempre ven onde non hai e viceversa. Agora que o mundo mudial máis alá de Barallobre está cheo de bandas sonando como meras xerocopias do mesmo patrón, agradécese repasar as cancións destes rapaces que xa facían power pop de altura naqueles anos e que foron capaces de crear marabillas como "Magic", "January", "Call Me Round" ou "Canada".

A historia comenza nos Estudios Craighall de Edimburgo onde traballa Billy Lyall que en compaña do baixista David Paton e durante case dous anos van apoveitando as horas mortas de estudio para da forma as súas propias maquetas. Como necesitaban baterista chamaron a Stuart Tosh e ao guitarrista Ian Bairnson aínda que este dixo que non se sentía preparado para meterse en algo serio pero a partir do segundo LP xa estivo a xornada completa. Foi a EMI a que se interesou polas demos e en 1974 aparecía o seu primeiro single "Just a Smile" que aínda que non foi éxito xa adiantaba o que ían ofrecer: grandes cancións popeiras con estribillos moi pegadizos e sempre con bonitas voces. Do seu seguinte intento "Magic" que se pode dicir, un clásico imperecedeiro e un merecido triunfo que mantiveron moi dignamente ao longo de tres elepés. Do seu primeiro "From The Album of The Same Title" (1974) o máis completo dos tres, aparecen nesta compilación sete temas. Do seu segundo disco "Second Flight" (1975) van catro incluída a gañadora "January" e "Call Me Round" outro dos seus bos momentos. Antes de viaxar a Canadá para gravar o seu terceiro LP "Morin Heights" (1976) Billy Lyall decide deixalo e concentrarse en escribir e producir, canso de esa identificación cun produto xuvenil. O disco tamén ten seus bos momentos que aparecen recollidos neste Lp, falamos de "Canada" e "Penny in My Pockett". Stuart Tosh foi o seguinte en abandonar e fichar por 10cc mentras que Patton e Bairnston aínda fixeron un disco máis como dúo pero esquecible totalmente para acabar no Alan Parsons Project que curiosamente fora o encargado de producir os seus dous primeiros elepés.

Hai moitos video deles pero este gustoume especialmente, Ian Bairnson está fantástico.

Link by mail dezaoitorodas@gmail.com


SPIRIT OF JOHN MORGAN Age Machine (LP, Bass Drums, 1982)



A raíz del relativo éxito de la colección "Hª de la Música Rock" editada por Orbis en los primeros ochenta comenzaron a aparecer imitaciones como "Gigantes del Pop" o esta "History of Rock Music" con diseño practicamente idéntico y por el que desfilaban grupos no tan punteros como The Rugbys, Evolution, Crow, Pacific, Gas and Electric, etc. Desconozco si se llegó a editar toda la serie pues sólo ví el de Evolution en casete y este de Spirit of John Morgan. El tal John Morgan era un teclista influenciado por los sonidos estilo Graham Bond, el boogie, un poquito de blues y unha pizca de progre. Su primer elepé lo podéis oir en Small Town Pleasures así que hoy traemos su segundo disco "Age Machine" publicado originalmente en 1972. De los ocho temas firmados por el propio Morgan destacan "Never Let Go" y los instrumentales "Lost Nirvana" y "Seventh Dawn" aunque mi favorita es la versión de "No Opportunity Necessary, No Experience Needed" de Richie Havens.

ANDY PARTRIDGE O Mellor de Fuzzy Warbles


Para quen saiba algo de 18 RODAS non ignorará a permanente fascinación e bondadosa influencia que sobre o seu Consello de Administración Musical exerce XTC, máxima encarnación da requintada mestura de experimentación e xenio melódico na últimas tres décadas de historia musical. Pois ben, a falta de novidades desde "Wasp Star (Aple Venus 2)" de 2003, o baleiro pode ser perfectamente cuberto para o que resta de década e boa parte da seguinte coa recomendable caixa que Andy Partridge editou no seu selo Ape Records hai un par de anos: a serie "Fuzzy Warbles" que recolle nove discos do líder de XTC. Trátase de diferentes versións de temas da banda, de bromas musicais, de bandas sonoras de películas infantís, de pastiches que tan bo resultado deran cos Dukes of the Stratosphear (Beatles, Beach Boys, Bubblegum...), de experimentacións e dunha enorme cantidade de sinxelos potenciais que non desmerecerían figurar nun recompilatorio tipo "Fossil Fuel". Como sabemos que Andy non actúa ao vivo e o seu soldo vén da venda de discos e de royalties, non nos daba boa conciencia colocar aquí a caixa, que vos a baixarades e que nin deixarades un só comentario como adoitades facer, así que fixemos unha mínima escolma necesaria de vinte temas, para que a descarguedes aínda que non deixedes nin un mísero comentario de agradecemento. En calquera caso aquí fixemos un best of de "Fuzzy Warbles" no que non incluímos adrede versións ou demos da banda nin dicimos de que volumes proceden os temas, que cun excelente son dan idea da potencia e a boa forma na que anda Andy.

Nota: Hai na rede outro "best of" de máis cancións centrado nos seis primeiros volumes de "Fuzzy Warbles", pero este que vedes aquí e agora é o bo, isto é, o best of dos best of de "Fuzzy Warbles" de Andy Partridge. Vale.

Link by mail dezaoitorodas@gmail.com


sábado, 25 de abril de 2009

KELLY GROUCUTT Kelly (LP, RCA, 1982)

Alineación al centro

O pasado 19 de frebreiro morría Kelly Groucutt, o que fora baixista da Electric Light Orchestra dende "Face the Music" (1983) ata as sesións de "Secret Messages" (1983) durante as que decidiu deixar a banda por problemas relacionados cos dereitos, de feito levou aos tribunais a Jeff Lynne. A súa voz tamén se pode escoitar en cancións da ELO como "Nightrider", "Poker" ou a marabillosa "The Diary of Horace Wimp". "Kelly" foi o seu debú en solitario e nel contou coa axuda de outros membros da ELO: Bev Bevan, Richard Tandy, Mik Kaminski e o arranxista Louis Clark, de aí que o son dos disco lembre en moitos momentos aos traballos do seu anterior grupo en pezas como "Am I Dreamer", "Can´t Stand The Morning " ou " Don´t Wanna Hear That Song Again" que son tamén as que máis me gustan.

BILL LOVELADY Cheer Up (LP, Charisma, 1980)



Pouco sei de Bill Lovelady e a verdade non lembro que me chamou a atención para levarme o disco pero probablemente fora o prezo. A primeira cara é case toda de reggae é inclúe o seu éxito "Reggae for it now" cunha bonita harmónica ademáis dunha adaptación tras de "The House of rising sun". A sorpresa está na cara B que é como se fora un disco distinto, máis soft-pop e onde Bill fai gala da súa habilidade para transformarse vocalmente por momentos en David Bowie "Staircase To The Sky", Bob Dylan na excelente "My Good Friend" ou Ian Hunter en "The Name of The Game", agradable, nada máis.


mércores, 22 de abril de 2009

NASHVILLE ROCK Varios (LP, MNT-CBS, 1975)


En este álbum puedes escuchar la música que hacen algunos de los nuevos artistas Monument. No creo que sea preciso presentar a Billy Swan, Rita Coolidge o Kris Kristofferson. Pero hay otra gente que también merece tu atención. Por ejemplo, Berefoot Jerry, un grupo de famosos "session-men" de Nashville que participaron en aquella espléndida aventura que se llamó Area Code 615 y que combaten el tedio del trabajo en los estudios tocando su forma particular de rock sureño. Tommy Roe es el mismo "all-american boy" que vendió millones en los años sesenta con "Dizzy", "Sweet Pea" y otros discos para ABC; yo prefiero ese recuerdo nostálgico de sus años de adolescente que se incluye en este LP. Ronnie Hawkins es el rockero de Arkansas que estuvo en el Top 100 americano a finales de los años cincuenta. Cuando el rock'n roll fue reemplazado en el gusto popular por otras formas más blandas, Ronnie emigró a Canadá, donde trabajó regularmente con diversos grupos de acompañamiento. Cuando sus Hawks cambiaron el rumbo del rock bajo el nombre de The Band, hubo un interés renovado por su figura. Para entonces, sus acompañantes eran Crowbar con King Boy Biscuit, otro grupo sólido que le dejaría poco después. En esta segunda parte de su carrera, Ronnie ha grabado cuatro LPs en los que ataca piezas clásicas del rock'n roll con alguna composición propia y temas puramente country. Aquí se incluye su versión de "Bo-Dlddley", los que hayan oído aquel extraordinario "Who do you love" de 1963, saben que la arrogancia y el irresistible ritmo de Ellas McDaniel que van bien al barbudo y voluminoso Ronnie. También podrás escuchar "Cora Mae", una canción suya y otras de sus composiciones de la época con Roulette. Hawkins tal vez se haya ganado un puesto en la historia del rock gracias a su habilidad para elegir acompañantes, pero aquí demuestra que su vitalidad y energía son las de uno de los grandes del rockabilly.

Finalmente, dos de los nuevos cantantes-compositores de Nashville. Tanto Larry Gatlin como Michael Bacon han registrado un par de álbumes para Monument realmente interesantes. Gatlin formó parte de los Oak Ridge Four, un grupo de gospel formado por su padre, y sus canciones tienen evidentes raíces religiosas. Kristofferson cantó su "Help me" en su tercer álbum, ayudado por el propio Gatlin, y eso es en el nuevo Nashville la mejor recomendación posible. Bacon presenta aquí "Bring 'em home" y "We're in love ". La primera es su canción más conocida, una valerosa llamada a la concordia generacional grabada en los días en que Nixon anunciaba que todo los desertores de la guerra de Vietnam debían pagar por su delito.

Dicen que el "Nashvílle skyline", el perfil de la ciudad vista a unos kilómetros de distancia, es un panorama verdaderamente bello. Pero hay mucha más belleza en el "Nashville underground". donde un qrupo de gente joven está trabajando por la continuidad de las tradiciones de la mejor música country. Sin corbatas, prejuicios o complejos de inferioridad.

Diego A. Manrique (Julio 1975)

Cara A

1. BILLY SWAN I Can Help
2. MICHAEL BACON Bring´ em Home
3. KRIS KRISTOFFERSON & RITA COOLIDGE Lover Please
4. TOMMY ROE Glitter And Gleam
5. BAREFOOT JENNY Lucille
6. RONNIE HAWKINS Cora Mae

Cara B

1. KRIS KRISTOFFERSON Jesse Younger
2. BILLY SWAN I´m A Fool
3. LARRY GATLIN Delta Dirt
4. MICHAEL BACON We´re In Love
5. RONNIE HAWKINS Bo-Diddley

SERGIO Y ESTIBALIZ Piel (LP, Novola, 1974)



Sergio y Estíbaliz fueron algo así como unos Carpenters bilbaínos a los que nunca les presté, para que voy a negarlo, mucha atención aunque reconozco que "Tú volverás", el tema con el que fueron a Eurovisión en 1975 mereció ganar y sigue siendo hoy en día una canción que me gusta mucho. "Piel" fue su segundo elepé como dúo tras abandonar Mocedades y al igual que el primero tenía a Juan Carlos Calderón produciendo y componiendo la mayor parte de los temas y aunque el tono general del disco es bastante ñoño hay algunas canciones que me molan: "Dolly Milú", "Música, música, música" y las dos versiones del disco: el "Tomorrow Is a Long Time" de Bob Dylan arreglada por el propio Sergio y el country-pop de "Act Naturally" que en su día tambien habían hecho los Beatles.

THE TROGGS Anyway That You Want Me (EP, Fontana, 1966)

Os Troggs sempre tiveron esa rara capacidade de facer cancións directas e gañadoras e aínda que a chulería de Reg Presley era un pouco a marca da casa como amosa en "66-5-4-3-2-1" hai que recoñecerlle tamén a habilidade coa que se achegaba a momentos máis sensibles como no tema estrela do single de 1966 "Anyway That You Want Me". O Ep complétase na súa cara B con dous temas extraídos do seu segundo LP "Trogglodynamite" a minimalista "Cousin Jane" e "You Can´t Beat It" no máis puro estilo troglodita.

Link by mail dezaoitorodas@gmail.com

domingo, 19 de abril de 2009

IAN & THE ZODIACS Locomotive (LP, Line, 1986)



En 1964 y después de languidecer en la escena de Liverpool, Ian & The Zodiacs decidieron viajar a Alemania con intención de pasar una temporada pero acabaron convertidos casi en estrellas. Allí grabaron tres Lp´s llenos de versiones para el sello Star Club y dos discos de con canciones de los Beatles bajo el nombre de Koppykats. "Locomotive" (1966) fue el tercero de esos discos y también el más soul. A lo largo de los catorce temas repasan clásicos del género tanto de la escuela Motown como de la Stax aunque parece que su favorita era la de Nueva Orleans ya que de Lee Dorsey hacen hasta tres adaptaciones. El momento más destacado del disco es "Wade in the water" que ya recuperamos hace unas semanas en el post de Clover.

Smile with the google translate

In 1964, after languishing at the scene of Liverpool, Ian & The Zodiacs decided to travel to Germany with the intention of spending a season but ended up almost become stars. They recorded three LP's for Star Club label and two discs featuring songs from the Beatles under the name Koppykats. "Locomotive" (1966) was the third of these discs and the most soul. Throughout the fourteen they covered Motown and Stax songs although it seems that his favorite was Lee Dorsey to make three of his songs. The highlights of the album is "Wade in the water" and that we recover in a few weeks ago in the post of Clover.


BEN VAUGHN Ao Vivo (6-5-1994)



En maio de 1994 practicamente tódolos redactores de 18 Rodas estivemos na Coruña vendo a Ben Vaughn nun sitio que estaba na cidade vella e ao que creo non volvín na miña vida. Nesa ocasión viña acompañado unicamente por unha caixa de ritmos pero o repertorio foi case o mesmo que interpretou este pasado setembro en Carballo durante o Xiriapop. A gravación que presentamos hoxe non corresponde a actuación da Coruña senón á que tivo lugar ao día seguinte, creo que en Pradejón (A Rioxa).