
domingo, 15 de novembro de 2009
STARBUCK Moonlight Feels Right - Lash LaRue (Private Stock, 1976)

sábado, 14 de novembro de 2009
REI PESCADOR Confraria Das Almas (1994)

A única peza que me interesou deste disco de Rei Pescador, unha banda de Porto arredor da figura do guitarrista Orlando Mesquita, foi o instrumental de querencias folk que abre o cd .
venres, 13 de novembro de 2009
THE BEE GEES World (EP, Pergola, 1970)
Era xa hora de escoitar aos propios protagonistas dos últimos posts e ímolo facer con este curioso Ep publicado polo Círculo de Lectores e que incluía catro temas ben escollidos do segundo elepé do grupo "Horizontal" publicado dous anos antes. Aparte do mega hit "My World" están as gañadoras "Harry Braff" e "The Earnest Of Being George".

MARBLES Only One Woman - By The Light Of The Burning Candle (Polydor, 1970)

xoves, 12 de novembro de 2009
THE VIPERS Looky Looky - Town of Huxley (Discophon, 1969)
SPAGHETTI HEAD Big Noise From Winnetka - Funky Axe (Movieplay, 1974)
Detrás destas dúas pezas instrumentais de Spaghetti Head están o batería Clem Cattini e Miki Dallon que se fixaron en "Big Noise From Winnetka", un tema instrumental de 1938 composto polo baixista Bob Haggart e o baterista Ray Bauduc, por entón membros dos Bob Cats, o grupo que acompañaba a Bing Crosby. A cara B "Funky Axe" ten máis espíritu setenteiro cun baixo molón.
martes, 10 de novembro de 2009
THE JAGGERZ The Rapper - Born Poor (Kama Sutra, 1970)

O gran e case único momento de gloria e fama de The Jaggerz chegou con "The Rapper", un tema composto por Dominic Ierace coñecido uns anos despois como Donnie Iris. A súa cara b, cun título que moitos asinariamos, "Born Poor", non ía nos elepés
The Jaggerz
ROCIO DURCAL Buenos Dias Condesita (EP, Philips, 1966)

O máis interesante da discografía de Rocío Dúrcal é posible que se atope nas pezas que aparecían na película "Buenos días Condesita" e que compuxeron para ela os Brincos, xa se sabe que a papaza tivo algún romance con máis de un do grupo ata decidirse finalmente por Junior, aínda que o noso amigo Toni sostén unha versión distinta que quizáis se atreva a contar sempre que non atente contra a honra dos implicados.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)