“Naturalidad Silvestre” é a primeira produción do novo selo Discos Felipop, unha auténtica arroutada heroica dos limodreses da Asociación Cultural Felicia en tempos nos que a industria discográfica non deixa de dar disgustos. “Naturalidad silvestre” profundiza nas ideas de Roger de Flor apuntadas na excelente maqueta “Canciones de amor y retranca” (2007). Dez cancións que falan de amores non correspondidos, da urxencia de manter o equilibrio mental, da monotonía ou do valor da amizade, esa eterna táboa de salvación en tempos de crise. Olladas serenas e irónicas ante o fracaso convertidas en divertidas melodías inzadas de estribillos memorables grazas ao swing deste popeiro sentimental.

Ningún comentario:
Publicar un comentario