xoves, 28 de abril de 2011

MOOD SIX I Saw The Light (Cherry Red-Contraseña, 1987)

"Light Music / I Saw The Light"

Unha das miñas cancións favoritas de tódolos tempos é este tema orixinal de Todd Rundgren que hoxe recuperamos na versión que fixeron os londinenses Mood Six neste maxi que que contiña catro pezas non aparecidas en ningún dos seus dous elepés. Curiosa é tamén a adaptación a base de cordas do mesmo tema feita coa colaboración do String Quartet Coda. Para os fanáticos recomendar un estupendo dobre cd publicado polo selo Cherry Red, "Cutting Edge Retro: A Mood Six Anthology"



Ningún comentario: