Hai uns días morreu Bob Welch, un tipo cunha bonita voz e polo que sentía certo aprecio. Cando me piden listas das miñas 10.001 cancións favoritas de tódolos tempos adoito incluír un par dos seus temas, "Ebony Eyes", do seu primeiro disco en solitario titulado "French Kiss" e do que era fan absoluto en 1977, e este "Future Games" que soa no reprodutor e que mesmo serviu para titular o disco co que se incorporaba aos Fleetwood Mac.
Ningún comentario:
Publicar un comentario