"Sunrise"
Malia que non hai moita información sobre este John Campbell (hai outro músico de blues co mesmo nome), si sabemos que é un americano de Pontiac, Michigan que acabou en España nos primeiros setentas. Ademáis de traballar de mercenario para outros músicos chegou a gravar un par de elepés, "Fresh Blues" para o selo catalán Diabolo en 1971 e "Sunrise" para BASF un par de anos despois. O tema estrela, moi bonita canción por certo, é unha mestura de Randy California co "Sun King" dos Beatles. A cara B é esquecible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario