The Brooklyn Bridge nacen da unión de dúas bandas, The Rhythm Method e Johnny Maestro & The Del-Satins. Desde finais dos 50 Johnny Maestro fora o cantante solista de The Crests, autores de pezas como "Sixteen Candles", "Trouble In Paradise" ou "Step By Step". The Del-Satins tamén tiveran éxitos pola súa conta como "Teardrops Follow Me" pero traballaron como respectados vocalistas de sesión. Eles son os que acompañan a Dion nos seus clásicos "The Wanderer" e "Runaround Sue". The Rhythm Method eran un septeto con ventos, moi popular na zona de Long Island. Con contrato asinado con Buddah Records debutaron con este sinxelo con produción do recentemente falecido Paul Leka. "Little Red Boat By The River", da que fixeron una versión os británicos The Spectrum, é unha conachada chicleteira pero "From my window" ten o seu aquel. **
Ningún comentario:
Publicar un comentario