"Rainbow lady"
"McGear", publicado en setembro de 1974, foi o segundo álbum en solitario de Mike, que desta volta contou coa colaboración case total do seu irmán Paul McCartney que ademáis da produción tamén proporcionou o acompañamento musical dos Wings, ou sexa Linda, Denny Laine e o guitarrista recén chegado Jimmy McCulloch. Como os Wings non tiñan un batería estable nesa época, recurriron a Gerry Conway da banda de Cat Stevens. Paul co-escribiu todas as cancións do álbum, coa excepción de "Sea Breezes", escrita por Bryan Ferry.
Ningún comentario:
Publicar un comentario