martes, 26 de xuño de 2012

PEZBAND - Pezband EP (Not Lame, 1995)

"Eddie´s Pals"

Como reza na contraportada deste EP publicado por Not Lame, e con acerto, "Eles tiñan as cancións, eles tiñan os refráns, eles tiñan a presenza". Pezband viñan de Chicago onde comezaron no ano 71 e ao longo dunha década deixaron tres Lp´s "Pezband" (1977), "Laughing in the dark" (1978), estes dous recomendables, e un terceiro "Cover to cover" (1979) que non vale moito. Este Ep contén catro temas gravados no ano 74 e que son o único testemuño do grupo nese período e coa formación case orixinal: Cliff Johnson, Mimi Betinis, Tom Gawenda, Mike Gorman e Mick Rain. "Princess Mary" aparecería máis tarde en "Pezband" mentres que "Oh Boy" faríao no primeiro de Off Broadway Usa, a banda que formou Cliff Johnson tras abandonar o grupo.

xoves, 21 de xuño de 2012

JOHN CAMPBELL- Sunrise / Boogie Woogie (Basf, 1974)

"Sunrise"

Malia que non hai moita información sobre este John Campbell (hai outro músico de blues co mesmo nome), si sabemos que é un americano de Pontiac, Michigan que acabou en España nos primeiros setentas.  Ademáis de traballar de mercenario para outros músicos chegou a gravar un par de elepés, "Fresh Blues" para o selo catalán Diabolo en 1971 e "Sunrise" para BASF un par de anos despois. O tema estrela, moi bonita canción por certo, é unha mestura de Randy California co "Sun King" dos Beatles. A cara B é esquecible.

sábado, 16 de xuño de 2012

JUNIOR CAMPBELL - Sweet Illusion / Ode To Karen (Deram-Columbia, 1973)

"Ode To Karen"

Continuando con artistas co apelido Campbell,  hoxe rescatamos do seu inxusto esquecemento a Junior, un dos puntais dos escoceses Marmalade aos que abandonou en 1971. Este foi o seu terceiro sinxelo en solitario e malia que o tema estrela era "Sweet Illusion", a súa cara B está máis preto do son aos que nos tiña acostumados. Por certo, o inicio da canción ten un parecido razonable con "Piano Man" de Billy Joel - Ana Belén

mércores, 13 de xuño de 2012

IAN CAMPBELL - Do I Still Figure In Your Life / Second Time Around The Wheel (Poplandia, 1973)

"Do I Still Figure In Your Life"

Non teño moi claro se este Ian Campbell que se atreve co clásico de Honeybus, é o mesmo do Ian Campbell Group metido a outros mesteres. O que si se sabe é que formaba parte como baixista dos sesioneros coñecidos como "The Glasgow Mafia" e que serviron de apoio en boa parte das gravacións do selo Young Blood de Miki Dallon.  Da canción fixéronse bastantes versións así que aquí van unhas cantas:  Paul Carrack, Joe Cocker, Dave Stewart & Barbara Gaskin, Love Sculpture, Samantha Jones ou Dana.


sábado, 9 de xuño de 2012

FLEETWOOD MAC - Future Games (1971)


Hai uns días morreu Bob Welch, un tipo cunha bonita voz e polo que sentía certo aprecio. Cando me piden listas das miñas 10.001 cancións favoritas de tódolos tempos adoito incluír un par dos seus temas, "Ebony Eyes", do seu primeiro disco en solitario titulado "French Kiss" e do que era fan absoluto en 1977, e este "Future Games" que soa no reprodutor e que mesmo serviu para titular o disco co que se incorporaba aos Fleetwood Mac. 


xoves, 7 de xuño de 2012

THE REBELS - Hard To Love You / Call Me (Page One, 1967)

"Call Me"

"Hard To Love You", unha peza da factoría Howard/Blaikley composta para Dave Dee, Dozy, Beaky, Mick & Tich, era o tema estrela do cuarto sinxelo dos alemáns The Rebels que na súa patria eran coñecidos como Dave Gordon & His Rebel Guys, de feito Hansa Records publicou así o disco en Alemaña. Nos USA foi editado como Dave Gordon & The Reb-Tides por Press Records.

luns, 4 de xuño de 2012

PAGLIARO - Pagliaro (Amber, 1976)


A Michel Pagliaro, Montreal (1948) xa se lle vía na segunda metade do sesenta metido en conxuntos "ye-yés" como os Chanceliers, cuxo single "Le P'tit Poppy" foi moi popular en 1966 en zonas francófonas. En 1968 Pagliaro decide escribir e interpretar as súas propias cancións e inicia carreira en solitario co álbum "Michel Pagliaro", integramente cantado en francés e que foi disco de ouro en Canadá.  En 1971 asinou contrato con Much Records, compañía para a que gravou o seu primeiro elepé totalmente cantando en inglés que hoxe presentamos na súa reedición de 1976 a cargo de Amber e que desgraciadamente non vén coa portada orixinal na que aparece un primeiro plano do mozo con lentes de sol molonas e melenitas de época, unha mestura visual perfecta para acompañar estas cancións de power pop melódico e melodías aflixidas. Dos temas que aparecen nos sinxelos posteados previamento só "She Moves Light" non vai no elepé.



martes, 29 de maio de 2012

PAGLIARO - Rainshowers - It Ain´The Way (Pye, 1972)

"It Ain´The Way"

Aínda que "Rainshowers", una peza con efluvios do "Wild Horses" dos Stones está bastante ben, eu prefiro a súa cara B, moito máis popeira.

sábado, 26 de maio de 2012

PAGLIARO - Lovin´ You Ain´t Easy - She Moves Lght (Pye, 1972)

"Lovin´ You Ain´t Easy"

PAGLIARO, LA VOZ QUE VIENE DE CANADÁ

"Para mí nunca ha habido otra cosa que cantar", dijo Pagliaro, el cantante canadiense que tiene grandes esperanzas de irrumpir en la escena británica "pisando fuerte". 

Pagliaro está cantando desde los 12 años. Incluso en su época escolar era más o menos un músico profesional actuando en night clubs y cabarets. El señala: "lo entendí de esta forma, o dejaba la escuela o dejaba los negocios musicales, así que dejé la escuela".

Para Michel Pagliaro (es hijo de francesa e italiano), sus aspiraciones iniciales eran las de ser durante unos años un músico de grabaciones. Después grabó con un grupo y más tarde solo, pero siempre en francés. 

Hace dos años, Pagliaro, 23 años, empezó a grabar en inglés. El primer single llegó al Top 10 pero "Lovin' You Ain't Easy" se colocó en el número 1. "Y ahora está irrumpiendo en los Estados Unidos" dijo él modestamente. Ahora Pagliaro se está haciendo conocer en Eurpopa por medio de un tour.

Pagliaro cree que lo mejor es cantar sus propias canciones y antes de que vuelva a Canadá acabará de grabar un álbum que ya ha empezado.

Sobre sus fuentes de inspiración a la hora de componer canciones dijo: "Es una cosa interna, algo que yo siento dentro de mi. Cada idea es una forma y cada forma es una canción"

Su disco single muestra que Pagliaro tiene semejanzas con algunas voces, en su forma de cantar, pero a pesar de esto, el disco posee una identidad muy suya.

Todos estos párrafos fueron publicados en el "Evening News", de Londres el pasado 22 de enero. Vale esta autorizada opinión británica para presentar en España su canción "Lovin' You Ain't Easy". (Folla de promoción)

martes, 22 de maio de 2012

SEGARINI - Segarini EP (AM, 1977)

"I'm Not Your Fool"

Este Ep foi o debú en solitario do canadense Bob Segarini, un corredor de fondo que desde mediados do sesenta formara parte de prometedores grupos que case nunca tiveron fortuna comercial como The Family Tree, Roxy, The Wackers ou The Dudes. Despois da separación destes últimos tras a publicación do seu único LP "We´re Non Angels",  Segarini volveu a Toronto e gravou estas catro cancións que mantiñan o espírito das súas últimas bandas. Ó ano seguinte o selo Bomb ofreceríalle a posibilidade de gravar o seu mellor disco, "Gotta Have Pop", que entre outras cousas serve para dar imaxe ao perfil deste blog.