martes, 7 de xullo de 2009

A BAND OF ANGELS Invitation (EP, PYE-Vogue, 1966)



A Band Of Angels son lembrados sobre todo por seren a banda onde comenzou o futuro vocalista de Manfred Mann Mike d'Abo, substituto de Paul Jones cando este decidiu seguir carreira en solitario, o resto dos membros eran John Edward Baker (guitarra solista), John Christian Gaydon (guitarra de ritmo), Andrew Charles Malcolm Glywn Petre (baterista) e David Robert Wilkinson (baixo). Entre 1964 e 1966 deixaron catro singles e este EP que recolle precisamente os dous últimos traballos editados para o selo Picadilly sendo os temas que máis me gustan os de orientación pop-soul "Invitation" e "Cheat and Lie". En anos posteriores Gaydon foi manager de King Crimson, Emerson, Lake & Palmer, T. Rex e Roxy Music mentras que Petre estivo nos nosos queridos Timebox.