martes, 21 de xullo de 2009

SIGLO XX Algo Que Nos Pasó / Cerca Del Río (Ariola, 1970)



Outra produción de Tony Ronald neste caso a dos cataláns Siglo XX que deixaron este único single. "Algo que nos pasó" é unha adaptación de "Think It All Over" de Chris Andrews e parece que tivo certos problemas coa censura pola súa inocente letra, musicalmente esta preto da parte máis pachangueira dos Diablos e non vale nada. Todo o contrario que "Cerca del Rio" unha gañadora hardroqueira con espíritu pop a base de guitarras distorsionadas, moi boa. Este tema foi incluído na compilación "Spanish Trip" publicada hai uns anos.

1 comentario:

Tam dixo...

Un grup de Sabadell (Vallès Occ)!

salutacions i felicitats pel bloc!