"Abraham, Martin and John" supuxo o rencontro de Dion co éxito e a volta ao negocio despois duns anos escuros con problemas de drogas incluídas. A canción fora composta polo cantante de rockabilly Dick Holler, autor tamén de pezas friki-tras como "Snoopy Versus The Red Baron" para os Royal Guardsmen, e pretendía ser un tributo a Abraham Lincoln, Martin Luther King e John F. Kennedy. Da canción fixeron adaptacións entre outros Ray Charles, Kenny Rogers, Marvin Gaye, Smokey Robinson e incluso Miguel Ríos cando era medio hippie se atreveu con ela. A min gústame moita máis a cara B "Daddy Rollin´ (In Your Arms" na que Dion aparece como unha especie de bluesman negro acompañado por un grupo que nada ten que envidiar á Velvet Underground conseguindo un son que pouco ten que ver co que fixera anteriormente. Dion fala do tema:
This one's kind of multi-dimensional. It can be a love song or it can be about drugs. I recorded it in the back of a bowling alley with a bunch of Jamaicans. We were banging on cardboard boxes. I had my Gibson Birdland guitar and we just let it roll.

Ningún comentario:
Publicar un comentario