xoves, 7 de xaneiro de 2010

Canción # 43: LOS HURACANES A La Caída Del Sol (1966)

Nalgunha das conversas que mantiña hai anos con Malcolm Scarpa chegamos a falar dos valencianos Los Huracanes e do aprezo que lle tiñamos a moitas das súas cancións. Unha das que máis nos molaban era "A la caída del sol", un tema que aparecía no segundo Ep do grupo. Uns anos despois e durante a súa participación no primeiro Felipop fixo unha sentida adaptación da canción pero para nosa desgraza non se gravou.

Ningún comentario: