"Mrs. Q"
Tony Hazzard é coñecido fundamentalmente por ser autor de pezas para outros artistas, unha especie de Graham Gouldman pero con menos éxito. Malia iso as súas cancións foron gravadas por xente como The Hollies ("Listen to Me"), Manfred Mann ("Ha! Ha! Said The Clown" and "Fox on the Run"), The Yardbirds ("Goodnight Sweet Josephine"), Herman's Hermits ("You Won't Be Leaving"), The Tremeloes ("Hello World"), Richard Barnes ("Take to the Mountains") que posteamos hai unhas semanas, ou Cherry Smash ("Fade Away Maureen"). Ao igual que Gouldman tamén probou en solitario, primeiro con "Tony Hazzard: Sings Tony Hazzard " (1969), reeditado por Rev-Ola, 2007 e xa nos setenta con tres discos para o selo Bronze. Do último deles, "Was That Alright Then?", está extraída a cara A . "Mrs. Q" , moito máis interesante, non ía no elepé pero si aparece recuperada na antoloxía "Go North: The Bronze Anthology" con notas do noso querido Andy Morten, un gran fan de Tony.
2 comentarios:
Hi
Do you have more by Tony Hazzard?
Best
Rob
Hola Robert, write me to dezaoitorodas@gmail.com, i lost your address
Publicar un comentario