"I´ve Come Back"
A finais da década dos sesenta os irmáns Gibb decidiron tomarse un mererecido descanso como grupo e adicarse a proxectos en solitario. Mauricio naqueles días pasaba o tempo alternando labores de produción con Tin Tin e dando forma ao que sería o seu primeiro elepé en solitario, "The Loner". Finalmente o disco nunca se editou agás dúas pezas desas sesións que apareceron como sinxelo. "Railroad" e unha tonadilla con aires campestres que non me di moito pero "I´ve Come Back" ten tódalas virtudes dese pop melancólico tan característico dos Gibb.
Ningún comentario:
Publicar un comentario