"Wade in The Shade"
The Fingers foron unha das primeiras banda británicas en definirse a si mesmos como sicodélicos alá polo 66. Tamén, segundo as lendas que acompañan a todo grupo de rock, saían a escena cun mono de nome Freak Out. Na súa curta carreira deixaron tres sinxelos aínda que o seu terceiro apareceu baixo o seudónimo de Daddy Lindberg. "Shirl", una peza de Geoff Stephens e John Carter non vale moito pero "Wade in the Shade" é realmente impresionante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario