mércores, 11 de xuño de 2014

IT´S ONLY FOOTBALL ´BUT I LIKE IT (Zona De Obras, 1995)

"Francesco Baccini - Diego Armando Maradona"


Unha petición de Emiliano que quere escoitar este Cd que acompañaba a un número especial da revista zaragozana Zona de Obras e que baixo o título de "Gol" facía un repaso á relación entre fútbol e rock.  En canto ao Cd ademáis dos cantos de grada tópicos ou de plantillas facendo o tras,  hai momentos musicais decentes como as dúas pezas asinadas por The Rainbow Choir, "Ryan Giggs We Love You" e "Roger Milla Is My Number 9 Dream", por certo a Milla cheguei a velo en Riazor nun Perú-Camerún do Mundial 82 que rematou cun triste empate a cero, a tónica do grupo no que tamén estaba a futura campiona Italia que creo lembrar xogaba en Balaídos. Os recordos de Giggs son piores porque nalgún partido do Deportivo fronte ao Manchester fixo barbaridades. Outro tema que mola é "Gascoigne Please" cantada por un tal Marty que ven podería estar asinada por Bid nun momento de tolemia futboleira. A paixón maradoniana corre a cargo de Francesco Baccini e a espléndida "Diego Armando Maradona" coa narración do gol de Arxentina á Inglaterra a modo de introdución. Hai tamén lugar para temas sobre figuras míticas:  "Georgie, The Belfast Boy" por Chocolate Barry ou "Stanley Matthews" que interpretan The Keele Row en clave folk, en definitiva un divertimento para futboleiros coma eu que xa teñen a cabeza no Mundial despois do sufrido ascenso do mellor equipo do mundo, o Deportivo, claro.


1 comentario:

Esteban Peralta dixo...

En aquellos años yo había heredado el número de teléfono de Zona de Obras y recibía más llamadas para ellos que para mí...