xoves, 7 de maio de 2009

LEIF GARRET As Versións



Descubrín a Leif Garret nos tempos nos que miña irmá enchía as súas carpetas escolares de fotos deste loiro rapaz que gustaba tanto ás cativas. Dende entón aínda que pareza que perdo un pouco a seriedade fun mercando os seus discos sobre todo porque entre tanto caramelo para quinceañeiras sempre aparecían adaptacións de clásicos da música pop. Está compilación persoal está feita a base desas versións aparecidas nos seus catro primeiros elepés: "Leif Garrett " (1977), "Feel the Need" (1978), "Same Goes For You" (1979) e "Can't Explain" (1980). Adicado ao señor Estrume que sempre quixo ter unha selección decente del e ademáis hai anos agasalloume cunha chapa de Leif que aínda poño de vez en cando.

01. I Can´t Explain THE WHO
02. Stuck In The Middle With You STEALERS WHEEL
03. Groovin´ THE YOUNG RASCALS
04. Forget About You THE MOTORS
05. Kicks PAUL REVERE & THE RAIDERS
06. Johnny B. Goode CHUCK BERRY
07. If I Were a Carpenter TIM HARDIN
08. Fun Fun Fun THE BEACH BOYS
09. Sheila TOMMY ROE
10. Baretrees FLEETWOOD MAC
11. Gimme Gimme Good Lovin´ CRAZY ELEPHANT
12. The Wanderer DION
13. Surfin' USA THE BEACH BOYS
14. Runaround Sue DION
15. Bits and Pieces DAVE CLARK FIVE
16. Bad To Me BILLY J. KRAMER & THE DAKOTAS
17. Run, Run, Run JO JO GUNNE
18. California Girls THE BEACH BOYS

4 comentarios:

Anónimo dixo...

E ben xeitoso que estás, pillabán!

Discos de Paseo dixo...

E ben guapiño o disco, non había outro xeito de escoitar a Chuck Berry no oitenta se non era con Leif Garret.

Ou con Chan y Chevy, que xa era outra cousa...

César

18 RODAS FANZINE dixo...

tes algo de razón César e tamén hai que recoñecerlle ao rapaz que algunhas incluso as interpreta con convicción. Xa non me lembraba de Chan e Chevy, que tempos tras...

Discos de Paseo dixo...

Ou Marce y Chema. Rockabilly puro...

César