venres, 1 de maio de 2009

KEY Fit Me In (LP, Zafiro, 1978)



Key, non confundir con The Keys nin tampouco cos neo-mods The Key, eran un dúo anglo-xermano formado por Volker Langefeld e Alan Warren. No ano 1978 gravaron este fantástico disco "Fit Me In" que só apareceu editado en Alemaña por Electrola e en España por Zafiro. Tódolos temas agás a simpática " I'd Really Go For A Lady" asinada polo dúo, son de Langefeld que tamén se ocupa da instrumentación. "Fit Me In" é un dos grandes tesouros agachados da década dos setenta dentro deses grupos que procuraban inspiración na rama McCartney dos Beatles moi presente ao longo do disco e realmente evidente en temas como "Lazy Bird" ou "Sometimes" e aínda que a corrente macartiana é a que manda tamén se ven influencias do meu querido Gilbert O´Sullivan na fabulosa "The Farmer and The Rain", de Emitt Rhodes en "Pretty Little Star", do chicle pop en "Fit Me In" e incluso do sicopop británico da segunda metade dos sesenta grazas sobre todo a uns arranxos caralludos, realmente orixinais, variados e divertidos case como se estiveran feitos una década antes pero ese anacronismo é u unha das virtudes desta pequena marabilla. Hai reedición en Cd e podes mercala en Not Lame

-----------------------------------------
Key, not to be confused with The Keys and also with the neo-mods The Key, were a duo formed by german Volker Langefeld and british Alan Warren. In the year 1978 between England and Germany this recorded spectacular album "Fit Me In" that only published in Germany by Electrola and Spain by Zafiro. All songs, except the fantastic "I'd really Go For A Lady" signed by the duo, are Langefeld which also deals with the instrumentation. "Fit Me In" is one of the great hidden treasures of the of the seventies groups look for inspiration in the branch McCartney of The Beatles very present throughout the disc is really evident in themes such as "Lazy Bird" or "Sometimes" and although the current macartiana is that they are also sends influence of my dear Gilbert O'Sullivan in the fabulous "The Farmer and The Queen," Emitt Rhodes in "Pretty Little Star", bubblegum-pop in "Fit Me In" and bitish psicopop. All arragements really rich, varied and fun as we were made almost a decade before, but perhaps that this anachronism bound to this wonderful disc.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Vaya descubrimiento, gran disco, muchas gracias, creo que me lo voy a comprar.
Igor