martes, 21 de xullo de 2009

EPOCA No Estoy Bien / Buscaré otra chica (Ariola, 1971)



A historia deste grupo comenza cando tres dos músicos que acompañan a Georgie Dann nos primeiros 70, Mario Balaguer, guitarra, Alberto López batería e Enrique Milián baixo, deciden montar un trío hardroqueiro ao xeito dos grupos que en realidade lles gustan, cousas na liña de Deep Purple, Black Sabbath e sobre todo Cactus. A finais do 71 e con axuda de Tony Ronald gravan para Ariola un single baixo o nome de Época. Os dous temas, ambos firmados polos membros da banda "No estoy bien" e "Buscaré otra chica", son dúas macarradas formidables, do mellor feito en España nos primeiros setentas e en castelán dentro dese estilo. Na portada xa avisan: "Atención: reproducir a fuerte volumen". O single non tivo repercusión así que voltaron con Georgie, todo un seguro de vida e seguiron preparándose para a súa seguinte e exitosa aventura: Santabárbara

3 comentarios:

Enric dixo...

Muchas gracias por recordar este tema cara B de nuestro único single de 1971, tanto Mario como Alberto gozaran estén donde estén de oirlo.

Enric MIlián

18 RODAS dixo...

Gracias a vosotros, magníficas canciones, en realidad están los dos, tienes que pinchar en el título

Anónimo dixo...

Acabo de escuchar de casualidad en ytube buscaré otra chica, es muy muy buena, de lo mejor de una banda rock española. Puede que sea una versión, pero si es original de ellos, guau! excelente canción!