xoves, 2 de xullo de 2009

Futebol é Futebol

Nestes días de presentacións grandiosas con Floren e Di nos telediarios das distintas canles, de xogadores de millóns de euros, o meu equipo de sempre só puido fichar a un descoñecido lateral esquerdo colombiano de nome Brayan Angulo procedente do Leixoes portugués, polo módico prezo de cen mil euros. Iso da idea da enorme diferenza coa que o resto dos equipos afrontan a súa propia liga dentro da Liga e aínda así como o futebol é futebol esperamos que sucedan milagres como o daquela noite na que case todos disfrutamos do mesmo, porque ás veces esas cousas pasan. Adicado con moito cariño a tódolos madridistas e a Antena 3 que non puido celebrar a festa que tiña preparada.



2 comentarios:

Anónimo dixo...

Vaya alegría nos dio el Depor ese día, la verdad.

Mario
(Forza Atleti)

Anónimo dixo...

Como dicia un veciño meu, "dejadlos venir viniendo"; ou sexa, que todolos anos e o mesmo: o madriz o ten gañado todo de anteman, pero non se dan conta que un equipo non o fan os mellores xogadores: que lembren o último mundial de Brasil.