mércores, 19 de agosto de 2009

DAVE DEE, DOZY, BEAKY, MICK & TICH If Music Be The Food Of Love (Fontana, 1967)

Durante o Felipop estaba xantando no Emigrante en compaña do Doutor Reseso, José María Granados e Guti do grupo madrileño Mamá ademáis das súas respectivas familias e nun momento dado, quizáis entre os berberechos e os calamares, apareceu o nome de Dave Dee, Dozy, Beaky, Mick & Tich o que causou certa sorpresa nos nosos convidados que non coñecían a este ignominioso grupo británico. Tanto o Dr Reseso como eu explicámoslles que foran unha banda de beat-pop de claro sentido comercialoide e que a verdade non tiñan unha carreira que merecera unha especial atención aínda que as veces nas caras b dos seus sinxelos ou nos elepés aparecía algunha peza destacable. Esa posibilidade, o prezo e a bonita edición española foi o que me decidiu a mercar este "If Music Be The Food Of Love", o seu segundo disco grande que ademáis de incluir os consabidos éxitos como "Zabadak", "Okay!" ou "Bend It" ten algunhas pezas que non están nada mal como "Bang", "Frustration", " A Good Thing Goin´" ou "All I Want To Do". Aquí tedes unha biografía en castelán.

Link by mail dezaoitorodas@gmail.com

2 comentarios:

Comissió de Teatre dixo...

YO TAMBIEN TENIA ESTE LP. ¿QUANTOS DEVIERON VENDER EN ESPAÑA?
¿DOS?
¿EL TUYO Y EL MIO?

tONI (MELODRAMA)

18 RODAS dixo...

Alguno más venderían, rarito de ver sí que es