domingo, 23 de agosto de 2009

JESS & JAMES The End Of Me - Move (Belter, 1968)

Comenzamos hoxe a recuperar case tódala discografía desta parella de portugueses de Porto, Antonio e Fernando Lameirinhas, que nos primeiros sesentas emigraron cara Bélxica coa súa familia fuxindo da dictatura do xeneral Salazar. Alí, e cos nomes artísticos de Tony e Waldo Lam montaron a J.J. Band e comenzaron a gravar os seus primeiros discos para o selo Palette conseguindo bos éxitos como "Move" ou "Something for nothing". Desde o ano 1967 tamén se fixeron populares en España onde chegaron a editarse os tres elepés e unha dúcia de sinxelos, todos eles no selo Belter e polos que desfilaban soul, pop, rock, sicodelia e incluso rollo máis progre. No ano 69 apareceron diferencias entre or irmáns que querían seguir facendo soul e a J.J. Band que optaba por seguir o son que naqueles momentos popularizaban Chicago ou Blood, Sweat and Tears así que cada un tirou polo seu lado. No ano 1970 podemos ver á parella colaborarando co músico de jazz Scott Bradford e co afeccionado á electrónica Arsène Souffriau dentro do proxecto The Free Pop Electronic Concept cos que editan ese extraño experimento que é "A new exciting experience" recuperado por Vampisoul e que podedes escoitar aquí. Nos setenta seguiron con distintas aventuras e incluso chegaron a formar parte dos Canarios do noso Teddy. Estas dúas pezas están extraídas do seu primeiro elepé "Move".


Ningún comentario: