xoves, 4 de febreiro de 2010

CATERINA CASELLI Canta en Español (EP,Hispavox, 1966 )

"La Ragazza Del Piper"

Xa falamos de Caterina Caselli hai uns meses con motivo da súa estupenda adaptación de "Days of Pearly Spencer" de David McWilliams pero hoxe recuperamos este Ep con tres temas en castelán  incluídos os seus primeiros éxitos "Ninguno me puede juzgar" e "Es la juventud", a adaptación do "Baby Please don´t go" de Big Joe Williams vía Van Morrison e Them. A que máis me mola é a única en italiano  "La ragazza del Piper", unha homenaxe ao "Piper Club", o sitio máis enrollado de Roma naqueles anos. A canción comenza cun solo de baixo Fender que toca Caterina, pero está cantada por unha voz masculina, probablemente un dos músicos de Gli Amichi, o seu grupo de acompañamento.



2 comentarios:

angeloso dixo...

pues a mi la version del baby please dont go me parece fabulosaaa, me encantó cuando la descubrí en un single que me costó la friolera de 25 centimos

18 RODAS dixo...

Tampoco está mal