"I Created a Monster"
Algo de soul sureño co texano Z.Z. Hill, de nome real Arziel Hill, que a mediados da década dos setenta estaba gravando para UA despois dunha respectada etapa en Kent pero sen recoñecemento masivo. Uns anos despois, xa no selo Malaco, acadaría os seus momentos de gloria pero non os puido disfrutar moito xa que morrería en 1985. "I Created a Monster"é un tema funki de Lamont Dozier que tamén se encarga da produción. "Steppin´ In The Shoes of A Fool" é moito máis pop.
Ningún comentario:
Publicar un comentario