luns, 1 de febreiro de 2010

OVIDI MONTLLOR Sol D´Estiu - Ell (Discophon, 1971)

"Ell" 

De Ovidi Montllor lembro sobre todo a súa participación como actor en "Furtivos" e "La Fuga de Segovia" pero da súa carreira musical teño un baleiro considerable porque o folk e a canción protesta nunca foi un dos meus xéneros favoritos malia que nos setenta traguei moito porque os meus amigos maiores eran bastante afeccionados. Este sinxelo foi o terceiro da súa discografía e aparece aquí por "Ell" unha peza de acid folk celtíbero cun sitar moi molón que toca Pi de la Serra. A destacar tamén a portada coas "Tres Gracias" de Rubens e os seus decorosos  bikinis.


Ningún comentario: