"Buena"
Hai artistas de rock que fan da súa traxectoria un himno permanente á alegría, á vitalidade e á diversión, xa sechamen Pogues, Jonathan Richman ou Ramones.Sempre son os máis necesarios. Dentro destes tamén os hai comprometidos e saltaríns e deles, o noso favorito é un texano de orixe holandesa, xa coñecido na súa segura inmortalidade como Joe “King” Carrasco, o auténtico rei do “nuevo wavo”.
Repasar a súa traxectoria é un acto de xustiza para quen fixo das nosas vidas un horto cheo de flores frescas. Fanático do son “tex-mex” co típico órgano Farfisa, e influído por grupos como Sir Douglas Quintet, Sam the Sham & the Pharaons ou ? & the Mysterians, Carrasco crea no 76 a banda El Molino, con quen edita no 78 “Tex-mex rock &roll”, simpático traballo cheo de música verbeneira texano-mexicana, con temas tan divertidos como “Just a mile away”. Non pasou nada co plástico, pero foi editado en Inglaterra, onde Elvis Costello dixo que era mellor que calquera cousa que fixera The Police, o cal era certo, pero iso non ten moito mérito.
Repasar a súa traxectoria é un acto de xustiza para quen fixo das nosas vidas un horto cheo de flores frescas. Fanático do son “tex-mex” co típico órgano Farfisa, e influído por grupos como Sir Douglas Quintet, Sam the Sham & the Pharaons ou ? & the Mysterians, Carrasco crea no 76 a banda El Molino, con quen edita no 78 “Tex-mex rock &roll”, simpático traballo cheo de música verbeneira texano-mexicana, con temas tan divertidos como “Just a mile away”. Non pasou nada co plástico, pero foi editado en Inglaterra, onde Elvis Costello dixo que era mellor que calquera cousa que fixera The Police, o cal era certo, pero iso non ten moito mérito.
Influído pola revolución musical post Sex Pistols e a intensidade e emoción da New Wave, o cativo cambia o chip e fai a súa orixinal e inmensa aportación, mutando a súa estética (coroa e manto real inseparables) e incidindo nunha mestizaxe divertida que mira cara o sur do continente. Será, en spanglish, o rei do “Nuevo Wavo”. Trasládase a Nova York e monta un grupo de acompañamento, The Crowns (As Coroas). Edita no mítico selo británico Stiff o LP “Joe King Carrasco & the Crowns” con pezas inesquecibles como “Federales”, “Buena” ou “Caca de vaca” (sic). O disco, xa un clásico da música máis bailable e divertida, é un éxito. Carrasco actúa por todos os USA, América Central, Bolivia e Canadá dentro da xira montada polo selo Stiff. A enerxía do noso ídolo chama a atención de medios de comunicación e de aí á multinacional MCA, que o ficha. Con eles editará o fantástico “Synapse gap” (82), con lenes influencias reggae (o grupo xamaicano británico The Equators acompañouno na xira de Stiff Records) e pezas como “Don´t let a woman (make a fool of you)”, favorita de Sabino Méndez, e na que facía coros un tal Michael Jackson.
É a etapa de Joe máis próxima ao “mainstream”, ao achegamento popular, o que se ve en “Party Weekend” (83), con pezas electrizantes como a que titula o disco. O éxito elúdeo e a multinacional, tamén, comezando unha fase de maior compromiso idiomático co español (agora o seu grupo chámase Las Coronas) e, politicamente, con América Latina. De feito, vaise vivir e estudar a Nicaragua, regresando para editar o fantástico “Bordertown” (85), con pezas como “Cucaracha taco”, “Vamos a bailar” ou a irónica “Hola, Coca Cola”. Un tema deste disco, “Pachucco hop”, foi versioneado por Mano Negra, que sempre quixeron ser como Carrasco, aínda que nunca o lograron.
No 87 entran no grupo os grandes Marcilo Gauna e Bobby Balderrama (ex ? and the Mysterians) para profundizar no seu innegable compromiso político e na súa diversión co impagable “Bandido rock”, que inclúe pezas como “Juárez and Zapata”, “Arriba Sandino”, “Fuera Yanqui”, o que dá idea do material. Mentres, os seus concertos non deixan a ninguén indiferente e ata actúan en España, aparecendo no programa de TVE “La Tarde” presentado por un alucinado Pepe Navarro.
Moitas actuacións en directo e poucos disco desde entón: o directo “Royal loyal & live” (90), “Día de los muertos” (93) –cun tema de homenaxe ao inmenso Sam Pekimpah, “Bring me the head of Alfredo García”– e “Hot sun” (99) que profundizan no seu novo son que a súa maxestade denomina “tequila regage”. Parte da culpa de tan curta producción é que Carrasco ten encetado unha carreira de actor, facendo papeis de asasino en serie ou camello, e incluso dirixindo. Algúns recopilatorios poden ser de utilidade para o curioso lector, aínda que a obra do noso Luis XIV do tex-mex sempre sobardará un simple “greatest hits” e ningún hai á súa altura. ¿Mestizaxe? Escoiten a Joe King Carrasco e as cancioncillas de Manu Chao semellarán politonos para o seu móbil. ¡Ándele, ándele!
1 comentario:
Espectacular disco, rapaz. Ahora sólo falta la fantabulos ROIR K7 "Tales From The Crypt", lo mismo pero con más chile...
Publicar un comentario