Clover foron unha banda con toque country rock formada en California no ano 1967 por Johnny Ciambotti ao baixo, John McFee á guitarra e voz, Alex Call na outra guitarra e Mitch Howie como baterista. Con esta formación fixeron dous discos para Fantasy Records nos primeiros setentas, "Clover" e "Fourty Niner". Este single está extraído do seu primeiro Lp e inclúe dúas versións, na cara A o tema do saxofonista Junior Walker e na cara B "Wade in the Water" un vello espiritual negro con tratamento swamp. Despois do abandono do batería o grupo convértese en sexteto coa incorporación de Huey Lewis, ármonica e voz, Sean Hopper teclados e Mickey Shine como novo batería. No 76 trasládanse ao Reino Unido aconsellados por Nick Lowe, onde gravan dous discos máis ademáis de servir de banda de acompañamento no primeiro disco de Elvis Costello "My Aim is True". Despois da súa volta aos EEUU cada un tira por onde pode e así mentras McFee acaba nos Doobie Brothers, Hugh Lewis e Hopper dan forma a Huey Lewis & the News. Os dous primeiros discos están dipoñibles en Red Telephone 66, aínda que o primeiro está en mal estado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario