"Never Even Thought" foi o quinto disco de Colin Blunstone e o segundo para o selo de Elton John, Rocket Records. Elton, que sempre foi un señor, mandou ao cantante a Los Angeles e lle puxo a Bill Schnee para dirixir a producción, ben luxosa por certo, aínda que en pequenos detalles non escapa da influencia da época. En case tódalas cancións Blunstone é coautor agás a que dá título ao disco que é de Murray Head, outro vocalista cheo de afectación. O disco deixase oir plácidamente grazas sobre todo á voz de Blunstone, un dos grandes tesouros que nos deixou a música pop e aínda que non está a altura dos seus primeiros discos ten momentos ben bonitos como "Lovelight", "Ain´t Funny" ou "Photograph".
Ningún comentario:
Publicar un comentario