O sábado pasado deixei gravando os documentales que emitiron sobre Darwin na 2 e grazas a ese tempo extra que hai que engadir tamén quedou rexistrado parte do que viña despois, nada máis e nada menos que "Objetivo: Bi-ki-ni" unha de Mariano Ozores do 68 con López Vázquez e Gracita Morales. Os títulos de crédito toman como inspiración os das películas de espías pero co encanto cutre-tras hispano. A música que os acompañaba é de José Torregrosa e non está nada mal así que decidín convertila a mp3 como toque friki deste fin de semana. Máis info sobre a película aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario