xoves, 5 de febreiro de 2009

LOS TAÑIDORES Cerrado Por Balance (Single, Tempo, 1966)

Los Tañidores foron un cuarterto bilbaíno, aínda que na foto aparezan cinco, que deixou gravado un único disco. O membro máis destacado foi Iñaki Egaña que formou posteriormente parte de Los Buenos, Alacrán, Barrabás, editou un LP en solitario nos setenta e acabaría tocando con Imán. A súa presencia aquí ven motivada pola cara B "La Kasbah", un dos primeiros exemplos da influencia orientalista nos grupos españoles da época. Atopei está páxina cunha moi interesante entrevista con Iñaki Egaña falando desta etapa.

1 comentario:

Matachin dixo...

A de Kasbah mola, a de Cerrado por balance parece unha cancion de Bernardo a Cañizares