mércores, 20 de maio de 2009

EL SONIDO MÁS JOVEN DE ESPAÑA Varios (LP, Guitarra, 1970)



O selo discográfico Guitarra foi creado por Lucas e Alfonso Sáinz dos Pekenikes coa idea de dar saída a novos proxectos como Taranto´s. O grupo nacía da unión de Alfonso, Lucas e Ignacio Martín Sequeros dos Pekenikes, xunto con José González, Luis Baizán e Joaquín Torres dos Pasos e deixaron un elepé na liña do son pekenike cuxo tema máis notable foi "El Séneca" incluído nesta compilación. Supoño que a idea nun principio como queda clara no título do disco "El sonido más joven de España" era funcionar estilo Motown pero máis castizo como unha especie de familia, de feito case tódalas composicións e arranxos estaban feitos polos mesmos músicos. Aparte de Taranto´s aparecen Nuevas Democracia coa espléndida "Hey Hey", por certo en breve teredes aquí tódala produción discográfica dos ourensáns con entrevista incluída. "Sentimental girl" tamén foi gravada por eles pero en castelán, a versión en inglés foi obra de Jackie unha rapaza que parece ser era filla dun militar de Torrejón. A cantante americana Donna Hightower está presente con dous temas soul que non están nada mal e que non teñen nada que ver con "El vals de las mariposas" unha das grandes cancións frikis da miña xuventude. O tema de Primer Wagon grupo no que estaba o futuro Pekenike Juan Jiménez é unha pachangada total e o de Palabras de Cuerda, a pesar do bonito nome, tampouco ten nada interesante. Do resto o único destacado son as dúas mellores cancións da carreira en solitario tras deixar a Los Buenos Julián Granados, "Lupita", un clásico, e "Donkey" un trallazo soul-rock moi respetado en Limodre. Deixo para o final aos meus favoritos Dulces Años, uns rapaces moi novos, tiñan 14 anos cando gravaron o seu primeiro disco, que deixaron cancións tan bonitas como "Almudena" que ven poderían firmar os Brincos. Parece que está en marcha a idea de publicar un disco cos seus cinco singles.

1 comentario:

josé dixo...

Hombre, este disco me recuerda que tengo un single de "Dulces años" editado por este sello (Pensando en tí/El lobo feroz). Si te interesa te lo paso ripeado.
Me encanta todo, pero todo todo, el disco. Además de Almudena, el Hey hey de Nueva Democracia y El sol está está en mi corazón, de Palabras de Cuerda me gustaron especialmente (los instrumentales también son una maravilla, y el Donkey único para levantarte de la cama saltando de alegría)