xoves, 28 de maio de 2009

LOS CAFRES S.F. 13 Tractor Cerebral (LP, DRO, 1987)

A historia dos Cafres é un dos fitos do pop rock feito en Galicia durante os anos oitenta grazas ao seu único e recomendable disco, “SF 13 Tractor Cerebral”, e noutra medida, por seren o único grupo cun guitarrista insumiso perseguido pola Policía Militar. Pablo Ramallo, este é o nome do músico fuxitivo e autor da maior parte das cancións do grupo, xunto a Antonio Amblés (voz), Yogui (baixo) e Billy Domínguez (batería) publicaron en 1988 un explosivo disco que destilaba punk, garaxe e power pop por cada un dos seus surcos. A produción de “SF 13 Tractor Cerebral”, crúa e ruidosa como corresponde a un grupo que en claro pitorreo cara aos sibaritas do son hi-fi presumía de utilizar amplificadores Talmus, os de máis baixa calidade por entón, correu por conta de Alberto Torrado (Siniestro Total / Os Resentidos). ”Soy una alimaña” foi a súa canción de maior sona, videoclip incluído, pero o disco contiña outros pepinazos como “Seis Espadas”, “850 GTO”, “Dáme la Botella”, “Me voy derecho al infierno” e “Algún día caeré” versión do “Sometimes Good Guys Don’t Wear White” dos californianos The Standells. A orde de procura e captura que pesaba sobre Pablo Ramallo por senegar a cumprir o Servizo Militar sempre foi un atranco para o grupo que case non podía anunciar os seus concertos por medo a que nun deles aparecese a policía militar e prendese ao guitarrista, como ao final sucedeu.



2 comentarios:

Matachin dixo...

Tenteino baixar dúas veces e as dúas da error a primeira canción e non se pode extraer.

Só coñecía a de Alimaña por Siniestro pero todo o disco está moi ben.

18 RODAS dixo...

Amañado